![]()
O Plan de Emprego Local da Deputación dirixido a pemes impulsa a creaciónde 276 empregos directos en toda a provincia
A Deputación da Coruña impulsa este ano a creación de 276 empregos directos noutras tantas empresas da provincia da Coruña e apoia a 120 emprendedores na mellora da súa competitividade. De todos estes empregos,
88 están rexistrados dentro da Costa da Morte.
O BOP publica onte a listaxe das 184 pemes da provincia que recibirán axudas do Plan de Emprego Local (PEL-PEMES 2018) para a contratación de persoal. Unha cifra importante á que se suman as 92 empresas que xa accederon a estas axudas na convocatoria anterior e que acaban de renovar a subvención do PEL para seguir contando cos traballadores/as contratados durante un ano máis.
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, destacou “o éxito do programa, xa que a cifra supón un incremento do 23% con respecto ás contratacións do PEL-PEMES do ano pasado, o que amosa a consolidación do PEL como un instrumento útil para crear emprego na provincia e mellorar a competitividade das pequenas empresas coruñesas”.
Emprego indefinido
“Na Deputación apostamos por crear emprego estable e de calidade”, apuntou González Formoso, que subliñou que o 85% das contratacións realizadas ao abeiro do PEL son de carácter indefinido e o 95% son a xornada completa. As tres liñas do Plan (PEL-PEMES, PEL-EMPRENDE e PEL-CONCELLOS) supoñen xa a creación de máis de 1.000 empregos directos cada ano na provincia da Coruña.
Así, cun importante esforzo inversor de 3,1 millóns de euros, a Deputación facilita que 276 persoas accedan a un posto de traballo noutras tantas empresas con sede nos municipios de menos de 20.000 habitantes da provincia da Coruña.
A través desta liña do PEL, a Deputación financia ata o 75% dos custes salariais totais da persoa traballadora por un periodo de un ano, facilitando o acceso a un posto de traballo das persoas en situación de desemprego, especialmente no ámbito rural, e axudando a autónomos e pequenas empresas a medrar, ao poder aumentar a súa capacidade produtiva coa incorporación de máis persoal.
PEL-Emprende
![valentin-gonzalez-deputacion-coruna]()
O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destacou o éxito do programa
A Deputación da Coruña ven de publicar tamén no BOP do mércores as 120 empresas beneficiarias da liñas de axudas PEL-Emprende destinadas a financiar 146 actividades orientadas ao fortalecemento do tecido empresarial coruñés.
Esta liña conta cun orzamento de preto de 520.000 € e supón unha aposta da entidade provincial por favorecer o desenvolvemento da innovación e a competitividade das pequenas empresas coruñesas, apoiándoas na posta en marcha de iniciativas de responsablidade social corporativa, na implementación de plans de márketing e comunicación ou na posta de marcha de accións encamiñadas a impulsar a súa competitividade e expansión nacional e internacional.
Das 146 accións que apoiará o programa, 29 destinaranse á posta en marcha de iniciativas de Responsabilidade Social Empresarial: plans de igualdade de oportunidades, certificacións en xestión de calidade e xestión medioambiental, xestión de riscos e control da produción, accións de formación e capacitación do cadro de persoal, colaboracións con entidades sen ánimo de lucro, plans de actuacións internas, melloras laborais e sociais e innovación.
Un total de 88 empresas desenvolverán plans de márketing e comunicación, mentres que 29 entidades destinarán as axudas do PEL-Emprende a actuacións encamiñadas ao impulso da súa competitividade e expansión.
Un 24% das empresas con axuda concedida neste programa xa están a ofertar o seu produto/servizo no mercado internacional e o 37% iniciará con estas axudas a súa internacionalización.
En canto á distribución por comarcas das solicitudes concedidas, o 45 % das mesmas proveñen da comarca da Coruña, que acada un financiamento de 232.438,78€, o 17% da comarca de Santiago cun importe concedido total de 85.828,77 € e o 14% da comarca de Ferrol onde se financian 62.920,00 €.Seguen un 6% na comarca de Betanzos (33.5020,00€) e un 5% na comarca de Bergantiños (23.482,00€). As comarcas de Soneira, Barbanza e Noia agrupan cada unha delas o 2,5% do total das axudas concedidas, que supoñen 14.400,00€, 13.440,00€ e 11.788,80 € respectivamente e a comarca de Ordes que acada o 3,3% (14.495,29 €).
De entre os concellos de menos de 20.000 habitantes da Costa da Morte, destacan os de Cee e Zas onde as solicitudes con orixe nas empresas situadas neses concellos acada practicamente o 100% das solicitudes presentadas.
No referente á tipoloxía das entidades que presentaron a súa solicitude a esta liña de axudas, o 61% son microempresas, seguido dos autónomos/as que acadan o 31% das axudas concedidas, un 11,7% de pequenas empresas e só un 1,7% de medianas empresas, polo que o compromiso de achegar axudas ao pequeno tecido empresarial do territorio rural aparece acadado.
CONCELLO |
IMPORTE CONCEDIDO |
TRABALLADORES CONTRATADOS |
Cabana de Bergantiños |
26.012,06 € |
3 |
Camariñas |
49.500,00 € |
4 |
Carnota |
15.000,00 € |
1 |
Cee |
116.784,67 € |
10 |
Corcubión |
13.500,00 € |
1 |
Dumbría |
13.500,00 € |
1 |
Fisterra |
13.500,00 € |
1 |
Laxe |
22.472,28 € |
2 |
Mazaricos |
269.280,12 € |
23 |
Muros |
35.816,59 € |
3 |
Muxía |
5.585,37 € |
1 |
Ponteceso |
10.331,33 € |
1 |
Santa Comba |
229.038,23 € |
18 |
Vimianzo |
82.564,04 € |
8 |
Zas |
118.980,85 € |
11 |
TOTAL |
1.104.699,58 |
88 |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|