O “petróglifo” do Petón de dona Urraca. Patrimonio? Si
10:45 06/02/17


A lenda para interpretar a paisaxe
Interpreto esta lenda do túnel coa delimitación do territorio pertencente aos frades bieitos de Moraime, sinalando desde un extremo, identificable na distancia, ao límite mariño, onde xa non tiñan xurisdición. Alguén ten escrito que “o espacio é un dos elementos constitutivos que fan posible a existencia da conciencia histórica”. Esta lenda facía posible entender un territorio desde unha racionalidade distinta a que hoxe manexamos. Un xeito simbólico de apropiarse ou construción do espazo no que se vive, de facelo vivible. Hoxe teriamos que reinterpretar estas lendas para facer unha outra lectura do territorio, porque a sociedade ten cambiado e a paisaxe tamén, polo que a nosa lectura ten que ser distinta, pero ten que haber lectura dun libro que teña páxinas escritas, non en branco. Ocorréuseme ir un día falar coa desaparecida Selvita de Moraime e preguntarlle polo Petón de dona Urraca. De rapaza Selvita camiñara o monte Faro coidando do gando. Selvita non coñecía esa laxe con cruces, ou non a lembraba. Si me dixo que recordaba algo cravado, “coma un ferro”, dixo. Restos dunha construción? E de neno, lembro que contaban que unha estrela baixaba polas noites a se pousar no alto do monte para alumear aos do lugar de Prado de Morquintián, pois estes non tiñan aínda luz eléctrica, cando nos outros lugares xa había anos que chegara. Non sei si as marcas que hai no Petón de dona Urraca son naturais ou feitas pola man dos paisanos que habitaron esta terra na idade do Bronce ou dos que acompañaron ao meiriño de Moraime cando fixeron ese apeo, pois estes din que en varios sitios, “hicieron unha cruz con un pico de hierro”, ou dos que, máis recentemente, pasaban o tempo no monte gardando o gando. Non será un petróglifo, pero si é unha referencia na paisaxe e cada vez temos menos paisaxe que apreciar. O Faro é un monte que debuxa a distancia esa liña de costa entre Fisterra e Muxía e que axudou a conformar ese nome co que agora todos nos identificamos e recoñecemos: Costa da Morte. O Faro é o monte que marca a xeografía vivencial de varias pequenas freguesías do concello de Muxía, un exemplo: todas beben auga que procede dese monte, outro podía ser as lembranzas do lume, porque “antes” so ardía o Faro. Sempre digo que a paisaxe é unha construción histórica cargada de memoria. Se eliminamos os referentes, as marcas, non teremos a que agarrarnos e estaremos aboiando, algo que si teñen interese os grandes monopolios. A paisaxe cambia como cambia a sociedade que a constrúe, pero agora sofre unha desterritorialización pola perda de uso, e a menor intensidade de uso menor intensidade na creación de valores e menos carga semántica, polo que, como sociedade, entramos nun proceso de desvitalización que nos leva a unha norte por decapitación.- Manuel Vilar Álvarez (manuelvilar@quepasanacosta.com).
As Aberturas. Memorias e paisaxes
- Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía: o perigo do éxito.
- O Castro de Coucieiro, máis que unha fermosa paisaxe.
- Moraime: nas orixes dunha terra milenaria.
- O Museo do Pobo Galego: un museo para a Galicia do futuro.
- A Barca: reflexións sobre unha xeografía simbólica.
- A ponte de Trasufre.
- A historia da Romaría da Barca.
- A Ponte Constante (II): Pasar a Ponte Constante.
- A Ponte Constante.
- O Monte Facho (II).
- Monte Facho: un patrimonio de recalada.
- O Carromeiro.
- A Farola do Pindo.
- As Aberturas.
Outros artigos de Manuel Vilar
- A peregrinación de George Grisaphan: de Fisterra a Irlanda.
- Notas dunha viaxe ao Fisterra córnico con Manuel Vilar.
Serie “De Carnota a Astoria: “Vin porque me trouxeron, non quería vir””, por Manuel Vilar
- (VI) – A estratexia do retorno e idealización do lugar de orixe.
- (V) – A chegada: casa e traballo (II).
- (IV) – A chegada: casa e traballo (I).
- (III) – ¿Por que veñen?.
- (II) – A emigración de Carnota en Nova York (II).
- “Vin porque me trouxeron, non quería vir”. De Carnota a Astoria. A emigración de Carnota en Nova York (I).
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).