Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O pioneiro servizo municipal de control de praga de Carballo elimina 118 niños de avespa velutina nun mes

O pioneiro servizo municipal de control de praga de Carballo elimina 118 niños de avespa velutina nun mes
Pioneiro servizo municipal de Carballo de control de pragas contra a Avespa Velutina Pioneiro servizo municipal de Carballo de control de pragas contra a Avespa Velutina

Por Cee, Protección Civil levan case un centenar, mentres que o servizo municipal de control de pragas de Carballo eliminou no mes de agosto nada menos que 118 niños de vespa velutina. A diferencia é que o Concello de Carballo é o único de Galicia que ten contratado un servizo específico, financiado con fondos propios, permitindo que sexan profesionais cos mellores equipos os encargados de loitar contra a praga. Unha demostración de que concellos están moi sos nesta loita.

Unha invasión que é máis que un feito, como demostran as cifras de 14.155 vespas capturadas estes meses. Iso a pesar de que en todo o ano 2016 foron retirados en Carballo 249 niños, mentres no que vai de 2017 xa se eliminaron 291. Non só se trata de que haxa máis, senón de que cada vez aparecen antes. O ano pasado o primeiro niño primario foi localizado o 25 de maio, pero este ano xa se recibiu o primeiro aviso o 3 de abril, co cal a temporada anticipouse máis dun mes.

As parroquias carballesas máis afectadas están sendo as costeiras, xunto con Sofán e Rus, pero onde máis incidencia ten a praga é na parroquia de Carballo.

As persoas que localicen un niño poden chamar ao 012 ou ao 112, dende onde se poñerán en contacto coa empresa concesionaria. O Servizo conta cun prazo de resposta non excede das 24 horas.

Servizo de pragas de Carballo

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios