Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O PSdG expulsa a Abraham Gerpe e fai case imposible a moción de censura en Coristanco

O PSdG expulsa a Abraham Gerpe e fai case imposible a moción de censura en Coristanco
Abraham Gerpe, nunha reunión as pasadas eleccións co PSdG Abraham Gerpe, nunha reunión as pasadas eleccións co PSdG

A Agrupación Provincial Socialista cumpriu a súa promesa e vén de ratificar a expulsión oficial do grupo do edil coristanqués Abraham Gerpe, solicitando así o seu paso ao grupo dos non adscritos. O PSdG provincial presentou o escrito no Concello, comunicando que Gerpe incumpre as directrices tomadas tanto a nivel provincial como local que o instan a retirar a moción de censura que presentou xunto ao PP.

”Ante a negativa do Concelleiro a retirar a moción, a única opción que nos deixa é a súa expulsión do partido”, explican dende a Provincial socialista. “Esperamos, polo tanto, que non vaia adiante a moción de censura”, sinalan, tendo en conta que con esta expulsión entra en funcionamento a Lei antitransfuguismo, mediante a cal se necesitaría un voto máis para facer viable a moción de censura.

"Xa me estou enteirando pola prensa"

O propio protagonista vén de enteirarse pola prensa da súa expulsión. "Non sei onde enviaron esa carta, pero a min non me notificaron nada. Non me avisaron nin por teléfono, correo ou whastapp, e a carta pode que chegue pero dende logo non chegou antes de presentar o escrito no concello. En todo caso, expulsáronme dun sitio ao que non pertenzo".

"É sorprendente que me expulsen a min e non expulsen a Aurelio Sánchez", en relación ao Secretario municipal que "foi o gran promotor da moción, o que foi o abandeirado do si e se transformou no abandeirado do non, o que tivo as reunións co PP, o que se movíu polos papeis da moción..."

"Sorpréndeme que o partido non respecte a idea da militancia local. Eu seguirei facendo o que diga a militancia. Terase que reunir a militancia local e darme un argumento válido para quitala. Agora o meu voto non serve para nada, pero teño que escoitar á militancia local".

 

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios