O PSdG Provincial dá marcha atrás á moción de censura de Coristanco

15:26 11/08/17

”Isto non parece un partido, parece un circo”
O propio protagonista Abraham Gerpe respecta totalmente calquera decisión que poida tomar o partido pero non comparte tanto revolo. “Eu a verdade non sei nada, pero non entendo que non se lle faga caso á militancia. Foi a militancia local á que negociou (e que conste que eu non pertenzo ao partido, que non teño nin voz nin voto), o propio secretario local Aurelio Sánchez que hoxe sae dicindo que non apoia a moción, a que conseguíu un acordo fantástico para nós. A Provincial veu falar coa militancia local, puntualizou varias cousas pero dixo si. E agora dá a volta. Non me parece coherente que a militancia diga unha cousa, a comarcal outra, a provincial unha distinta, isto non parece un partido, parece un circo. Que pasa co que di Pedro Sánchez da militancia? Resolver dende Madrid o que pasa en Coristanco non me parece moi correcto”, entende sinalando que “Leiceaga deu a súa opinión sen interesarse polo que pasa en Coristanco. É unha falta de comunicación e disciplina no partido, ao meu entender”. Gerpe cre que no partido non gusta ver que “o PP se está preocupando polo pueblo de Coristanco. Débeo estar moi mal Amancio para que o PP nos deixe facer un compromiso así”.Moción en marcha?
En todo caso, Gerpe entende que “eu non son xurista, non sei se irá para adiante ou para atrás, non sei se hai xeito de parala. Iso terá decidir o partido, que foi o que a fixo. Eu son o portavoz e terei que firmar si ou non, segundo me digan”.Novas relacionadas
- 08-08-17: PSOE e PP presentan unha moción de censura en Coristanco.
- Agosto 2017: O Concello de Coristanco saneou en 2 anos os 3 millóns de euros de débeda municipal do anterior goberno do PP.
- Xullo 2017: O BNG de Coristanco lamenta “un goberno sen proxecto nin iniciativas” tras un pleno de 15 minutos.
- 22-06-17: O suposto suborno do PP a unha edil de TeGa tensa máis a corda da política coristanquesa.
- 22-06-17: Lavandeira califica de traizón a marcha de Verónica Facal de TEGA.
- 21-06-17: Verónica Facal deixa só ao alcalde á fronte de TeGa de Coristanco
- Febreiro 2017: O BNG sae do goberno de Coristanco e deixa só ao alcalde.
- Febreiro 2017: Os veciños volven quedar sen palabra no pleno de Coristanco.
- Novembro 2016: O PSOE de Coristanco apoia unha moción da revisión do IBI presentada polo PP.
- Xuño 2016: O BNG de Coristanco critica a falsa xenerosidade do edil do PSdG
- Xuño 2016: O edil do PSOE de Coristanco renuncia á súa dedicación.
- Abril 2015: Gerpe, o alcaldable máis novo do PSdG en toda a provincia.
- Xuño 2015: PSOE e BNG apoiarán a investidura a Amancio Lavandeira como novo alcalde de Coristanco.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).