O PSdG solicita un acceso directo ao polígono de Vimianzo na prolongación da autovía da Costa da Morte
07:15 09/03/17
Loli-Toja-Parlamento
O Parlamento de Galicia aprobou onte unha proposición non de lei, a iniciativa do Grupo Popular, a través da que se insta á Xunta a darlle continuidade á autovía da Costa da Morte, comezando por unha primeira fase que conecte Baio e a estrada AC-432 en Vimianzo, en dirección a Camariñas. A proposta recolle que este mesmo ano se avance na redacción do proxecto construtivo e se dispoñan as anualidades necesarias nos orzamentos para que esta infraestrutura sexa unha realidade nesta lexislatura.
Así mesmo, e logo dunha transacción de Loli Toja polo grupo Socialista, incorporouse á proposición non de lei que a Xunta analice a viabilidade de incorporar un enlace co polígono industrial de Vimianzo. "Cun trazado ata Vimianzo, sen acceso directo ao polígono industrial, os usuarios terían que saír na AC 432 entrando así no casco urbán vimiancés para acceder á zona industrial" explica Toja. A deputada socialista defendeu a súa enmedenda xa que se "está a falar de vertebrar a Costa da Morte polo que é necesario facilitar o acceso aos polígonos industriais". Ademais, desta os socialistas teñen rexistradas dúas peticións máis. A primeira, é reforzar as medidas de apoio en termos de financiación para a reindustrialización da Costa da Morte e, a segunda, solicitar ao estado de forma inmediata unha revisión dos prezos da parcela co obxecto de mellorar a competitividade do polígono industrial de Vimianzo.
Pola súa banda, o BNG - tal e como o indicaron onte - enmedaron a proposición esixindo o remate da Autovía Costa da Morte ata Cee.
O deputado do grupo popular - Aurelio Núñez Centeno- afirmou que o Goberno da Xunta “ten comprometida a continuación desta autovía, e vaise executar por vía orzamentaria e en distintas fases”. Neste sentido, explicou que “esta decisión de acometer a obra pola vía orzamentaria, e non recorrer ao modelo concesional, é a garantía máxima da realidade da súa construción, evitando os problemas ocorridos no pasado, que retrasaron dabondo o primeiro treito”.
Novas relacionadas
- Antelo pregúntalle a Feijoo polo treito sur da Autovía
- Queda inaugurada a media Autovía da Costa da Morte.
- 13 anos despois, a Costa da Morte terá por fin, media Autovía
A historia da Autovía Costa da Morte
- 08-03-17: O BNG esixe o remate da Autovía Costa da Morte ata Cee
- 01-03-17: O grupo Popular defenderá no pleno a construción do segundo treito da autovía da Costa da Morte
- 20-07-16: 13 anos despois, a Costa da Morte terá por fin, media Autovía
- 16-06-16: BNG e PSOE critican o uso electoral da MiniAutovía e o GALP por parte do PP.
- 23-03-16: A autovía Costa da Morte abrirase ao tráfico este verán.
- 19-02-16: Os veciños do Outeiro, Agualada, terán un acceso seguro ás fincas que lindan coa Autovía Costa da Morte
- 20-01-16: Visita de rigor ás obras de conexión coa autovía da Costa da Morte
- 18-01-16: Comezan as obras do enlace da Autopista coa Autovía Costa da Morte
- 14-01-16: “O próximo verán” estará listo o tramo Carballo-Baio da autovía da Costa da Morte.
- 16-11-15: A Xunta recoñece que o treito sur da Autovía se realizarán cando San Xoán baixe o dedo.
- 19-10-15: A Autovía estará en funcionamento en verán de 2016, con 3 anos de retraso.
- 01-10-15: A Xunta asegura que realizou o pago de todos os terreos expropiados pola autovía Costa da Morte.
- 22-09-15: “Loading” Autovía Costa da Morte: 56%
- 21-07-15: A Xunta reduce o número de enlaces da Autovía.
- 27-04-15: Os veciños de Coristanco esixen a saída da Autovía.
- 23-04-15: A Xunta elimina dúas saídas da Autovía.
- 30-03-15: O bo ritmo electoral da Autovía Costa da Morte.
- 16-03-15: Unha electoral e reivindicativa inauguración da tan necesaria Casa da Cultura de Cee.
- 16-03-15: Que pasa cas obras da Autovía feitas en Vimianzo?.
- 22-12-14: O BNG pide que a Autovía chegue a Cee.
- 09-12-14: As máquinas volven traballar na Autovía Costa da Morte case dous anos despois.
- 27-11-14: Que relación ten a trama Gürtel ca Autovía Costa da Morte?.
- 20-11-14: O BNG denuncia o sobrecuste e o PP repítese as súas promesas sobre a Autovía.
- 12-11-14: A Xustiza xulgará a legalidade da modificación do contrato da Autovía Costa da Morte.
- 06-11-14: É legal o proceder da Xunta coa Autovía Costa da Morte?.
- 23-10-14: O treito norte da Autovía e o dragado de Laxe, nos Orzamentos 2015.
- 21-10-14: O novo contrato da Autovía supón a anulación do treito sur.
- 16-10-14: As obras da Autovía non comezarán ata finais de 2014 e rematarán en outrubro de 2016.
- 29-09-14: Feijoo ratifica na súa visita a Camariñas que as obras da autovía se retomarán de forma inmediata.
- 24-09-14: O PP autoesíxese só o treito norte da Autovía.
- 01-09-14: Segunda marcha reivindicativa pola escombreira da Autovía Costa da Morte.
- 25-08-14: Os políticos moven ficha de marcha pola Autovía.
- 19-06-14: O BNG esixe, por enésima vez, unha solución inmediata á Autovía Costa da Morte.
- 10-03-14: Preguntando pola volta ás obras da Autovía.
- 05-05-14: A eterna promesa incumplida da Autovía Costa da Morte.
- 30-01-14: Unha colleita de sinaturas online para esixir o reinicio das obras da Autovía Costa da Morte.
- 03-12-13: A Xunta promete retomar as obras do treito Carballo-Baio da Autovía a primeiros de ano.
- 31-10-13: A Autovía volveu ao Parlamento e terá alomenos 3 anos de retraso.
- 25-10-13: A concesionaria da Autovía Costa da Morte, en creba.
- 04-10-13: O BNG pide que se anule o contrato coa concesionaria da Autovía e que a Xunta asuma un contrato de obra pública.
- 20-09-13: Os Concellos de Carballo, Vimianzo e Zas pregúntanlle á Xunta polas obras da Autovía.
- 11-09-13: O BNG denuncia a eterna parálise da Autovía Costa da Morte.
- 14-03-13: O Conselleiro ríese da Costa da Morte asegurando que a Autovía estará rematada no 2016.
- 04-03-13: O BNG denuncia a eterna parálise da Autovía Costa da Morte.
- 05-02-13: A Xunta recoñece case un ano de parálise na Autovía Costa da Morte.
- 08-10-12: A Xunta rectifica as verbas de Hernández e insiste en que a Autovía non está paralizada.
- 26-09-12: A Xunta ratifica os retrasos na Autovía ante a falta de financiamento da empresa.
- 22-09-12: A Autovía que separa.
- 20-09-12: A Autovía da Costa da Morte non estará rematada no 2013.
- 19-09-12: Os alcaldes da Costa únense ante a paralización das obras da Autovía.
- 06-06-12: As máquinas volven á Autovía e a Xunta asegura que se cumplirán os seus prazos.
- 06-06-12: Un poboado calcolítico afogado polo asfalto.
- 24-04-12: O Conselleiro ratifica unha Autovía rematada no 2013 e sen peaxe.
- 13-04-12: Os camións da Autovía paran.
- 03-04-12: Paralizadas as obras da Autovía?.
- 28-11-11: De Cee a Fisterra en 3 minutos pola VAC.
- 02-08-11: Onte comezaron as obras da Autovía.
- 10-06-11: Asinado o contrato da VAC: As obras comezarán en agosto e estará lista no verán do 2013.
- 13-05-11: Adxudicación polémica da VAC.
- 04-05-11: A Xunta licitará a Autovía cun retraso de 2 anos, máis cara e ás mesmas empresas.
- 30-09-10: A Costa do Retraso.
- 09-09-10: Novo e eterno retraso da VAC.
- 26-12-08: O tramo entre Carballo e Baio entrará en servizo a finais de 2010 .
- 22-12-08: Touriño chega pola VAC e pon a primeira pedra da Autovía Costa da Morte.
Artigos relacionados
- Informe para evitar o desastre Económico-Financeiro da Costa da Morte.
- A tráxica e real historia, erro tras erro, do inoperante heliporto de Salvamento da Costa da Morte.
- Unha Autovía para a Costa da Morte. Reflexións en torno a unha autovía pantasma.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).