O PSOE de Coristanco apoia unha moción da revisión do IBI presentada polo PP
18:33 17/11/16
A moción do PP contempla reducir os impostos nos bens de natureza urbana, rústica e explotacións gandeiras Imaxe: Todopueblos
"Non nos colleu nada por sorpresa" reitera a concelleira do BNG de Coristanco - Laura Mariño - despois de que no pleno do pasado luns o PSOE apoiase unha moción de reducción e bonificación do IBI - Imposto sobre Bens Inmobles - presentada polo Partido Popular. "Era previsible que unha persoa que agora non está no goberno - xa que o socialista Abraham Gerpe renunciou no pasado mes de xuño á súa dedicación exclusiva como concelleiro de Urbanismo - votara a favor da baixada do IBI como mostra de apoio aos veciños".
O catastrazo está dando moito que falar entre os veciños e veciñas de Coristanco dende que o ministerio de Facenda iniciou o proceso de regularización catastral solicitada polo anterior goberno no 2014 - que naquel entonces estaba liderado polo Partido Popular - e que afecta especialmente a vivendas do rural xa que obriga a dar de alta edificacións agrarias.
Abraham Gerpe - concelleiro do PSOE en Coristanco - asegura que apoiou esta moción do PP porque cree que é momento de baixar os impostos aos veciños que nalgúns casos están pasando por situacións económicas complicadas. "Foi unha pena que esta moción non a presentaramos dende o goberno, a pena foi que a presentara o PP e a tiveramos que apoiar", asegura Gerpe. Asimismo o socialista recorda que nun anterior pleno, o partido popular presentara unha moción parecida na que só se contemplaba unha bonificación do 90% ás explotación agropecuarias que votamos en contra xa que estabamos estudando unha baixa de impostos global a todos os veciños. E dous meses despois, presentou unha nova moción na que sí que inclúe reducir os bens de natureza urbana, bens de natureza rústica e, de novo, as explotacións gandeiras que eso era un pouco o que estaba estudando o goberno no seu momento. Por iso a apoiei" indica Abraham Gerpe.
Finalmente quedou aprobada a baixada do IBI cos votos a favor do PP e do PSOE, con cinco abstencións - catro de TEGA e unha do BNG -, e un voto en contra de TEGA.
Actitude hipócrita e cínica
En canto á moción presentada polo PP no pleno, os nacionalistas consideran que "o PP está buscando o aplauso fácil da xente e consideroo como unha actitude hipócrita e cínica que foran eles quen promoveran no seu día a subida para establecer o plan de axuste e que agora que están oposición pretendan facer esta baixada sabendo que a situación económica incluso é peor ca no 2012", manifesta Laura Mariño. "Están lastrando o feito de que a xente viva no rural, polo que a xente ten razón en estar molesta", sinala a concelleira nacionalista.
Co fin de minimizar o malestar dos veciños afectados polo catastrazo, o goberno local - liderado por Amancio Lavandeira - aprobou no pasado mes de outubro aprazar ata xuño de 2017 o pago dos atrasos.
A situación do tripartito
Ainda que nun primeiro momento a postura do partido socialista puidera dar sospeitas sobre unha posible moción de censura - como ocorreu recentemente no concello de Santa Comba - a concelleira nacionalista di que se sinte tranquila ao respecto. Ainda que sí que houbo algún compañeiro de TEGA que mostrou a súa incertudume no momento das votacións.
Pola súa parte, Abraham Gerpe asegura que "o goberno tripartito está funcionando moi ben". "Temos un plan de aforro enerxético aprobado no PAS 2016 para cambiar todas as bombillas do alumeado público o que supón unha importante reducción do gasto en corrente eléctrica. Tamén estamos baixando o importe dos contratos de limpeza" sinala Gerpe.
Novas relacionadas
- Xuño 2016: O BNG de Coristanco critica a falsa xenerosidade do edil do PSdG
- Xuño 2016: O edil do PSOE de Coristanco renuncia á súa dedicación.
- Maio 2016: Santa Comba xa ten o seu 7º alcalde en 9 anos.
- Abril 2015: Gerpe, o alcaldable máis novo do PSdG en toda a provincia.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).