Domingo. 03.11.2024
El tiempo

O suposto suborno do PP a unha edil de TeGa tensa máis a corda da política coristanquesa

O suposto suborno do PP a unha edil de TeGa tensa máis a corda da política coristanquesa
Laura Tasende no centro forma parte da Direccion Nacional de TEGA Laura Tasende, no centro, forma parte da Dirección Nacional de TEGA Ferve a actualidade política en Coristanco. A marcha de Verónica Facal do grupo de goberno de TEGA, provocaba a airada resposta do alcalde Amancio Lavandeira. Paralemante saltaba á luz a denuncia de Laura Tasende, concelleira de TeGa na que acusa a un empregado municipal dun suposto tento de suborno a cambio de apoiar unha moción de censura que devolvería o bastón de mando ao popular Antonio Pensado. Segundo informaba La Voz de Galicia, a proposta de suborno incluía un soldo no concello e ser a cabeza de lista para a hipotética candidatura do PP en 2019. Unha situación gravísima que hoxe rebate o PP local. O ex rexedor entre 1991 e 2015, Antonio Pensado Plágaro, cualificou a acusación de “ética e politicamente reprobables” as palabras de Laura Tasende, e as tacha de “rotundamente falsas”. Así mesmo anuncia medidas legais contra ela. Segundo Pensado Plágaro “o señor Lavandeira utiliza este asunto como cortina de fume para tapar a parálisis do municipio, cun goberno en clara minoría e que non é capaz de xestionar nada?. Así mesmo, entende que “a noticia esta semana en Coristanco debería ser que ao señor Lavandeira marcháronselle, primeiro os apoios do PSOE, despois os do BNG e agora una propia concejala do seu partido. Iso é o grave, e non os bulos que algunhas persoas inventan”. Segundo La Voz, as prácticas de presión están sendo habituais dende o PP coristanqués, e mesmo acusan a ter provocado feitos semellantes con Abraham Gerpe, voceiro do PSOE que deixou o tripartito de goberno hai un ano, e mesmo coa propia Verónica Facal, que onte deixaba o grupo TeGa. O vindeiro 18 de xullo tocarálle a Tasende pasar polo xulgado.  

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios