Venres. 29.03.2024
El tiempo

Ofrecen un modelo para presentar alegacións para pedir a inaplicación do Plan Sectorial Eólico de Galicia

Vista do Esteiro de Anllons dende o Monte Branco ameazado polo Parque eolico de Salgueiras
Vista do Esteiro de Anllóns dende o Monte Branco, lugar ameazado polo Parque eólico de Salgueiras
Ofrecen un modelo para presentar alegacións para pedir a inaplicación do Plan Sectorial Eólico de Galicia

Continúa a sociedade civil alzando a voz contra a invasión dos viraventos. Ademais neste momento tan importante para o noso territorio, despois de que a Xunta aprobase a posta en marcha de ducias de proxectos eólicos que levaban anos paralizados, e que, aproveitando o estado de alarma, sacou do caixón. Un exemplo é o Parque Eólico das Salgueiras, que vai modificar unha paisaxe tan emblemática como a do Esteiro do Anllóns e o Monte Branco.

Ante esta situación, un bo número de plataformas e asociacións, preto de cen, xunto a entidades ecoloxistas, de montes e sindicatos labregos, están xuntándose para solicitar a paralización do Plan Sectorial Eólico. Se a semana pasada lanzaban o seu manifesto “Aldeas con horizonte”, esta comparten un modelo de alegacións para que tod@s poidamos presentar a súa repulsa ante esta “implantacion de parques eólicos abusivos é isoportable”.

A Rede Galega por un Rural Vivo argumenta que “ante a falta de planificación, calquera sitio váleslle para instalar un parque eólico. A norma, totalmente inxusta, é do ano 1997, non contempla normativa paisaxistica estatal nin europea, tampouco ten en conta lexislacion de patrimonio cultural. Estamos falando dunha reglamentación obsoleta, que para o que sirve é para que as empresas eólicas se enriquezan a cambio de entregarlles o territorio de todas”.

Por iso solicitan que todo o mundo envíe unhas alegacións para solicitar “a inaplicación do Plan Sectorial eólico de Galicia en base a súa ilegalidade, ao abeiro da lexislación ambiental actual”. Consideran que o P”lan eólico de Galicia necesita dunha avaliación de impacto ambiental, polas consecuencias de fragmentación que do mesmo se derivan para o territorio e para as Paisaxes”.

Xa podes descargar o modelo para presentalo.

 

Novas sobre os eólicos

Comentarios