Onde quedaron as axudas do Prestige?

09:50 14/01/11

O sector tamén protesta
"O sector do mar non pode calar a boca, e dende ASOAR queremosda a cara esixindo que se clarifique o asunto". Así de taxante ponse o Secretario da Asoar-Armega, Luis Rodríuez, que pide que "se clarifiquen as irregularidades no destino das axudas e aportacións económicas recibidas de empresas privadas, xente particular, administracións, etc, que ían dirixidas aos voluntarios que colaboraron nas labores de limpeza das costas e aos mariñeiros afectados pola marea negra". Vai máis alá a Asoar e pide que se recuperen eses cartos e que se reinvirtan no sector, en programas, actividades, seguridade, limpezas... Neda liña a entidade denuncia que "o acontecido enche de lixo a imaxe do sector pesqueiro galego, podendo ocorrer, no caso de que volvera a suceder unha catástrofe de esta magnitude nas nosas costas, a falta de solidariedade por parte das empresas, ONG e outras organizacións, ademais do voluntariado que no caso do Prestige foi de vital importancia para a recuperación dos hábitats costeiros, xa que grazas ao seu traballo retirando o chapapote das nosas praias e do noso litoral puidose recuperar moito antes o medio mariño e o seu potencial productivo, estándolle eternamente agradecidos pola importante labor desempeñada".Protestas dende o BNG
O BNG larachés, ademais de enviar un comunicado criticando a actuación do goberno municipal do P.P. e da Confraría caionesa no caso do suposto "pelotazo urbanístico" na zona do antigo campo de fútbol, manifesta as súas dúbidas sobre a xestión de Evaristo Lareo ao frente da Confraría de Caión nas axudas trala catástrofe do Prestige. Denuncian ademais que "seguramente a Consellería do Mar tería que tomar cartas no asunto".Novas relacionadas
- Artellando unha homenaxe aos Voluntarios do Prestige que cambiaron a Costa.
- Evaristo Lareo implicado nunha trama de corrupción en Caión que afectou á desaparición do campo de fútbol.
Fonte
- Redacción de QPC. (info@quepasanacosta.gal).
- Foto do grupo de Facebook Voluntarios do prestige na "costa da morte".
- Nota de prensa do Xornal.com, do BNG e da ASOAR- ARMEGA.