Domingo. 26.05.2019
El tiempo

Operación Mariline: Dous detidos por estafa na venda de marihuana

Imaxe de arquivo dunha aprehensión de marihuana na bisbarra
Imaxe de arquivo dunha aprehensión de marihuana na bisbarra
Operación Mariline: Dous detidos por estafa na venda de marihuana

Operación Mariline: Dous detidos por estafa na venda de marihuana

O Equipo Roca do Posto da Garda Civil de Vimianzo e o Equipo de Policía Xudicial da Compañía da Garda Civil de Carballo, procederon á detención dun home e unha muller de Vilagarcía de Arousa, Pontevedra, que se organizaban a través das redes sociais para cometer delitos.

Os feitos iniciáronse a principios do ano en curso, cando a Garda Civil tivo coñecemento de que os presuntos autores dos feitos acordaron a venda de marihuana a un veciño de Cabanas de Bergantiño, quen lles efectuou diversos pagos a través de transferencia bancaria e en persoa, trasladándose para iso ata a localidade de Villagarcía de Arousa.

Malia que a vítima realizou todos os pagos que lle solicitaron, xamais recibiu ningún tipo de estupefaciente, comezando a recibir ameazas e ser intimidado polos posteriormente detidos, quen lle continuaban solicitando máis diñeiro.

Da investigación tamén se puido saber que os detidos conseguiran os datos a súa vítima para crear un perfil ao seu nome nunha páxina de venda de artigos de segunda man e estafar posibles compradores que lles realizaban unha transacción económica pola venda de produtos inexistentes.

Comentarios