Martes. 08.10.2024
El tiempo

Os afectados polo fraude forestal e as Preferentes levan a loita ás portas da administración

Os afectados polo fraude forestal e as Preferentes levan a loita ás portas da administración

Seguen as dúas loitas de afectados na Costa da Morte sendo grandes protagonistas. Os afectados polas Preferentes e mais os afectados polo fraude forestal do Caso Maceiras seguen facendo moi visible a súa guerra para recuperar uns dereitos que as entidades bancarias e certa empresa lle roubou.

Nesta semana ambos colectivos extenderon as súas loitas ata as portas das administracións, para protestar pola pasividade destas ante a situación.

Os afectados do Fraude Forestal na Xunta

Afectados do Fraude Forestal da Costa da Morte as portas da Xunta-Foto-Fruga

Tal e como anunciaban a semana pasada cando a Fruga facía un balanzo do ano de loita, unha vintena de afectados , unha representación dos denunciantes foron dende os concellos de Muxía, Dumbría e Vimianzo ata a porta da delegación provincial da Xunta, para "demandar a asunción das responsabilidades que ata o de agora pretende esquivar".

Asi no trascurso da concentración, unha delegación d@s presentes rexistrou un escrito dirixido á Conselleira Rosa Quintana demandando "a investigación de xeito inmediato por parte da consellaría de todas as solicitudes de subvencións forestais que poideran corresponder co padrón das denunciadas". I é como denunciaban a Xunta non te aberto un proceso administrativo e sempre se remite á evolución do caso xudicial como escudo para evitar precisamente esa investigación administrativa, "o cal senta como un autentico insulto ás persoas que a dia de hoxe aínda figuran como beneficiari@s dunhas axudas que endexamais viron diante e das que nunca se beneficiaron".

Durante a mañá, outra delegación achegouse á Fiscalia a interesarse pola solicitude de entrevista tramitada pola FRUGA hai xa seis meses coa Fiscal Xefa Provincial, asegurándolle que o encontro se celebrará en breve.

Loita contra as Preferentes

O actor de Caldebarcos Cesar Cambeiro apoiando aos afectados das Preferentes na Coruna

Hoxe venres toca de novo diante da oficina de NGB de Cee. Ademais hoxe tamén tocou concentración-protesta en Muxía, onde os afectados estiveron ao longo de toda a mañá diante do Concello e da oficina de Novagalicia Banco.
Onte, tocou na Feira de Carballo, como todos os venres. Os afectados das comarcas da Costa da Morte e de Bergantiños non deixan de amosar o seu rexeitamento á parálise na resolución do conflito. Mentres en todo o país os veciños afectados están ata tomando plenos, na Costa da Morte tamén pelexamos, pero co suposto apoio dos alcaldes de Bergantiños e mais os da Costa da Morte.

Sempre cun ollo posto na activa Plataforma de A Coruña, que segue a presionar con toda a súa forza e se resiste aos procesos de arbitraxe propostos pola administración. De feito, indican que as quitas que se anunciarán hoxe poden superar ata o 60% para a primeira emisión de Preferentes, pero consideran que "as quitas que serán do 100% por se farán efectivas a través de accións que non teñen valor ningún".

Onte realizaban tamén un vía crucis dende a oficina central de NGB na Rúa Nova da Coruña, tendo claro que sen protestar non se tería conseguido o que ata agora, e sen protestar, non se conseguirán máis cousas.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios