Domingo. 15.09.2024
El tiempo

Os emigrantes retornados seguen a súa loita en Facenda

Os emigrantes retornados seguen a súa loita en Facenda
Emigrantes Retornados en Facenda

Non hai moito centraban a súa actividade en Coristanco para unha sentida homenaxe. Pero a loita dos emigrantes retornados contra a estafa de Facenda coa problemática da tributación das nosas pensións percibidas no estranxeiro, continúa. De feito, onte mantiveron unha reunión Delegada da Axencia Tributaria para Galicia, na que a Coordinadora Nacional de Plataformas de Emigrantes Retornados trasladoulle unha serie de peticións:

  • ”Que non imos consentir que se lle dea unha solución simplemente cosmética ao noso contencioso coa Axencia Tributaria por atopármonos nas vésperas dun ano de importantes envites electorais”.
  • ”Os e as emigrantes retornadas non renunciaremos a que se modifique a lei 35/2006 para que as pensións das persoas retornadas tributen igual que a do resto dos galegos. Concretamente o artigo 96 en relación co 17, de tal forma que se estableza a obriga de declarar a partir de 22.000 euros ano de ingresos e que para os restantes se estableza un réxime de retencións idéntico ao do resto dos e das pensionistas”.
  • ”Que tendo en conta que moitos emigrantes retornados para teren dereito á prestación sanitaria teñen que ou pagar no país de orixe un seguro ou establecer un convenio coa seguridade social española ( arredor de 90 €/mes) que estas cantidades se poidan incluír como gastos deducibles no IRPF, igual que xa ocorre cos gastos de seguridade social dos e das traballadoras”.
  • Cambios na modificación legal

    Hai cambios que para a Coordinadora son esenciais na proposta de modificación legal remitida ás Cortes Xerais en relación coas pensións dos e das emigrantes retornadas:

    • ”Modificar o texto remitido ás Cortes no sentido de que en ningún caso a obriga de presentar declaración do IRPF se aplique con carácter retroactivo. Polo tanto que o período de regularización só afecte a partir deste ano.”
    • ”Aclaración sobre como se vai realizar a devolución ás persoas que xa foron requiridas e que aboaron sancións e intereses: trámites a realizar. Do mesmo xeito que nos sancionaron e ameazaron con embargos de oficio, tamén de oficio deberán devolvernos os nosos cartos.”

    Tratamento comunicativo

    E finalmente tamén lle fixeron ver que existen importantes lagoas na actuación da Axencia Tributaria que poden dar lugar a un trato discriminatorio aos emigrantes retornados e mesmo provocar que se vexan obrigados a tributar sen teren que facelo:

    • ”Informar a todas as persoas afectadas e que se indique quen ten obriga de incluír as pensións na declaración tendo en conta: país de procedencia das pensións, as sentenzas existentes, as resolucións do Tribunal Económico Administrativo e os cambios dos últimos anos nos diferentes convenios bilaterais.”
    • ”Solicitar información dos países de procedencia das pensións, sobre todo Suíza, para verificar que prestacións xa están sometidas a gravame no país de orixe para evitar a dobre imposición. (Hai persoas que por determinadas cantidades xa tributan no país de orixe malia o cal a AT lles reclama a súa inclusión na declaración).”
    • ”Pensións por incapacidade. Recoñecer de oficio o recoñecemento das invalideces realizadas nos países de procedencia coa finalidade de acreditar a exención na tributación de ditas pensión. (Actualmente hai persoas con incapacidade total no país de orixe, que segundo o INSS é equiparábel á absoluta, que están sendo requiridas pola AT para a súa tributación) Os e as emigrantes retornadas non abandonaremos as nosas reivindicacións e mobilizacións até conseguir os obxectivos que consideramos de xustiza.”

    Novas relacionadas

    Fonte

Comentarios