Luns. 06.05.2024
El tiempo

Emigrantes retornados saen de novo á rúa defendendo os seus aforros

Emigrantes retornados saen de novo á rúa defendendo os seus aforros
Emigrantes da Costa da Morte loitando polos seus aforros en Cee

Hoxe, como todos os luns, os afectados polas Preferentes berran alto en Malpica. O xoves toca en Carballo e o venres en Cee, que se convirten nos puntos visibles dunha loita exemplar que leva a centos de maiores á saír á rúa cada semana.

Caso semellante é o dos Emigrantes Retornados que se atopan cunhas denuncias de Facenda por non ter pagado uns impostos que non lle esixiran. Caso semellante no sentido que falamos de persoas maiores, pequenos aforradores dos que se queren aproveitar as entidades financieiras e as administracións.

Pero eles o teñen claro. Eles non son culpables das neglixencias das administracións, e se non pagaron eses impostos foi porque non llos pediron. O venres pasado, como hai un mes, estiveron máis de medio centenar diante da Axencia Tributaria de Cee berrando claro, apoiados por xenrte como Francisco Jorquera.

Jorquera achegouse para apoiar aos emigrantes retornados

Piden que se anulen os seus expedientes sancionadores e recordaron cantando que "non son delincuentes nin defraudadores”. Unha media de 10.000€ esixe hoxe Facenda a estes veciños retornados, unha situación que leva aos pensionistas a tomar medidas moi drásticas e mesmo motivou o suicidio dunha muller en Coristanco.

A solución, sinxela: A posta en marcha dunha campaña explicativa entre os afectados sobre as súas obrigas tributarias e pediron a “regularización” da tributación das pensións percibidas dende o estranxeiro “con efectos a partir da data na que se difunda a campaña informativa”, como nos explican os compañeiros de Cadernos de comunicación e análise.

Emigrantes da Costa da Morte loitando polos seus aforros en Cee 2

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios