O PEL da Deputación achega 700.000 aos Concellos da Costa para contratación

14:08 05/04/19
Un total de 700.000€ chegarán ás arcas municipais dos Concellos da Costa da Morte no marco do programa PEL-Concello da Deputación da Coruña. Un plan destinado a concellos de menos de 20.000 habitantes para a contratación de persoas desempregadas para a prestación de servizos locais básicos.
O PEL-Concellos, que creou 1.000 empregos entre 2017 e 2018, permitirá que outras 500 persoas atopen un emprego no seu concello este ano.
As contratacións primarán a aqueles colectivos máis afectados polo desemprego: maiores de 45 anos, mulleres, parados de longa duración, persoas cun grao de discapacidade recoñecido ou en risco de exclusión social
Asiganacións da liña PEL-Concellos 2019 nos concellos da Costa da Morte
Concello | Achega económica |
CABANA | 37.000 |
CAMARIÑAS | 41.810,63 |
CARNOTA | 34.000 |
CEE | 52.000 |
CORCUBION | 25.000 |
CORISTANCO | 49.000 |
DUMBRIA | 37.000 |
FISTERRA | 43.000 |
LAXE | 37.000 |
MALPICA | 43.000 |
MAZARICOS | 27.982 |
MUROS | 46.000 |
MUXIA | 37.000 |
PONTECESO | 40.000 |
SANTA COMBA | 49.000 |
VIMIANZO | 42.015 |
ZAS | 34.000 |