A pesca recretativa galega únese ante o esquecemento do goberno central

Dende AGDPR necesitan amosar o seu descontento, despois de ver as medidas de desescalada publicadas polo goberno, “xa que no alcanzamos a entender que se trate de maneira diferente a nosa actividade respecto de outras que se practican de maneira individual”. A realidade é que “a pesca recreativa como tal non está espedificada no borrador que facilitou o goberno, non aparecendo en ningunha das fases estipuladas na desescalada, sendo nomeada unicamente a pesca deportiva”.
”Entendemos perfectamente que o primeiro é a saude das persoas, pero non entendemos que se exclua a pesca destas actividades individuais permitidas nas primeiras fases de desescalada, xa que se existe unha actividade individual que se poida facer o aire libre con total seguridade é a pesca recreativa nas suas diferentes modalidades”, explican.
Lembran que detrás da pesca recreativa hai un sector económico que está a sufrir enormemente xa que esta crise chegou no peor momento comercialmente falando”.