Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Piden a mellora do coeficiente redutor de xubilación para os colectivos de mariscadoras, percebeiros e recolectores de algas

Percebeiras de Corme
Percebeiras de Corme en acción
Piden a mellora do coeficiente redutor de xubilación para os colectivos de mariscadoras, percebeiros e recolectores de algas

”O percebe está moi difícil para a xente do mar. Non só polos golpes que podes levar, se non porque os percebeiros temos que estar en moi boa forma física, e andamos continuamente ás carreiras… porque o percebe xa non sae tan arriba coma antes”.

Así define un percebeiro da zona como está a profesión a día de hoxe. Unha profesión que nos últimos anos foi baixando a media de idade. Hai 15 anos eran moitas as percebeiras a pé que superaban os 60 anos. Hoxendía apenas quedan apenas 3-4 persoas preto da xubilación nunha confraría como a de Corme con esa idade.

Os accidentes laborais repítense continuamente e as desgracias das perdas humanas tamén é unha realidade coa que teñen que convivir. A marcha de Paco Souto en 2017 ou o percebeiro de Fisterra cuio corpo apareceu en Caión en 2016 son feitos aínda moi presentes no colectivo.

Son cousas que non recolle a xubilización do sector, que ten un dos coeficientes redutores máis baixos. Por iso acaban de publicar acaban de abrir unha campaña de sinaturas en Change.org para “modificar o artigo 1 do Real Decreto 1311/2007, de 5 de outubro, e incrementar así ata o 3% o coeficiente reductor na idade de xubilación aos colectivos de mariscadores, percebeiros e recolectores de algas”.

É fundamental que se poidan xubilar con antelación. "Unha persoa con 60-65 anos non pode dedicarse ao percebe", reflexionan os profesionais máis novos. E se ben as Redeiras seguen condenadas a non poder xubilarse antes dos 67 anos, os da mercante si que poden facelo ata 10 anos antes.

As pensións falan por si mesmas. Unha persoa con 20 anos traballados nas pedras, cobra de arredor dos 600-700€, e só se tes o tope de anos cotizados (35 anos) podes chegar a cobrar 900€ de pensión.

Piden tamén “que se regulen como enfermidades profesionais as doenzas causadas polo marisqueo”, como poden os reumas...

Novas relacionadas

Comentarios