xoves. 23.01.2025
El tiempo

Piden no Parlamento o doble carril para a estrada entre Carballo e Buño

Piden no Parlamento o doble carril para a estrada entre Carballo e Buño

Pola estrada AC-418 entre Carballo e Buño pasan diariante 10.000 vehículos. Vehiculos ademais de moi diferente tonelaxe, que provoca que haia dúas velocidades de tránsito e graves problemas de seguridade. 

De aí que a parlamentaria socialista Patricia Iglesias levara ao Parlamento Galego o desdobramento da estrada para que teña dous carrís de vehículos por cada sentido. Iglesias presentou unha pregunta oral na Comisión de Obras Públicas do Parlamento para esixirlle ao goberno galego que se “tome en serio” a seguridade da estrada. 

A carballesa denunciou o “abandono absoluto” por parte do goberno galego e criticou que os Orzamentos da Xunta dedican cada ano partidas importantes á mellora da estrada que “quedan en papel mollado simplemente porque non se executan”. Advertiu que o desdobramento da vía con dous carrís resulta “esencial” para o desenvolvemento de Ponteceso e Malpica, a atención ás necesidades dos polígonos industriais e a seguridade viaria, ademais de que resulta viable por canto non atravesa ningún núcleo de poboación nin áreas protexidas relevantes.

Iglesias explicou que o tránsito de camións pesados pola vía é “continuo” pola actividade dos concellos de Malpica de Bergantiños e Ponteceso, así como a planta de prefabricados de Buño e a actividade da canteira de Cances. Trátase dunha vía que é utilizada por tractores, que non poden utilizar as vías de servizo, pero non conta con dobre carril nas subidas, polo que os vehículos lentos provocan longas retencións.

Ademais, a falla dun terceiro carril provoca importantes atascos nos acceso á rotonda de Carballo na súa conexión con Cances, e iso que se trata dunha vía esencial para canalizar o tráfico coa cidade da Coruña. Explicou que esta estrada resulta fundamental para a conexión da comarca co hospital da Coruña, xa que ao carecer dun hospital comarcal, a ambulancia e o PAC de Ponteceso quedan sen médico durante dúas horas cada vez que se teñen que desprazar ao
CHUAC.

Comentarios