O pioneiro Mar na Escola 18/19 botou o peche despois de achegar a vela a case 500 alumn@s da Costa da Morte

Remata o curso e tamén remata o proxecto O Mar na Escola. Xogando co vento. Ese programa pioneiro en Galicia que leva, a través do deportes náuticos, o mar aos centros de ensino, ao programa educativo, como proposta para que o alumnado dunha comarca como a Costa da Morte coñeza mellor a súa contorna.
Este ano, nada menos que na 15ª edición, foron 494 os alumnos e alumnas que disfrutaron desta iniciativa liderada pola Escola de Vela Cataventos, e que conta co apoio dos Concellos de Camariñas, Cee, Dumbría, Fisterra, Corcubión, Muxía, Laxe, Carnota e as empresa Stolt Sexa Farm como patrocinador.
Así, gozaron da experiencia de navegación, nas rías da Costa da Morte, rapazada de 18 Centros escolares (CEIP O Areal, CEIP Ponte do Porto, IES Pedra de Aguia, Colexio Manuela Rial, CEIP Eugenio López, CEIP Santa Eulalia, CEIP Mar de Fóra, CEIP Areouta, Colexio Nosa Señora do Carmen, CEIP Praia de Quenxe, CEIP Virxe da Barca, CEIP Os Muíños, IES Ramón Caamaño, CEIP Vilarmide, CPI Cabo da Area, CEIP do Pindo, CEIP de Carnota).
Ao acto de clausura asistiron os alcaldes e representantes das localidades implicadas: José Marcote, Alcalde Concello Fisterra; Juan Manuel Saborido, Alcalde Concello Carnota; Juanma Buiturón, Concelleiro de Cultura Deportes Concello de Cee; Rafael Ribeiro, Concelleiro de Cultura Deportes Concello Carnota; Carlos Pazos, Chécnico de Deportes Concello Corcubión; Fernando García, Chécnico de Deportes Concello Carnota; os responsables da empresa patrocinadora Emilio Ferro, Director Relacións Institucionais Prodemar, Stolt Sexa Farm e Manuela Gómez.
O acto serviu ademais para que José Manuel Saborido e Manuela Gómez fixeran entrega do premio á gañadora do Concurso de Debuxo, Ánxela Louzán Franco de 3º de Primaria do CEIP Sta. Eulalia de Dumbría.
Novas relacionadas
- A dumbriesa Ánxela Louzán gaña o concurso de debuxo do Mar na Escola.
- Maio 19: Medio millar de nenos xa teñen superada a asignatura de Mar e Vela.
- Abril 19: O Mar na Escola: 500 alum@s da comarca disfrutan do mar en horario escolar.
- O Mar na Escola 2018: Fin de curso para as aulas de vela do pioneiro programa O Mar na Escola.
- O Mar na Escola 2017: 400 nenos xogaron co vento co programa O Mar na Escola.
- l>
- O Mar na Escola 2016: O Mar xa está na escola.
- O Mar na Escola 2016: 400 nenos estudan o Mar na Escola, programa ao que se une Laxe.
- O Mar na Escola 2015: 300 rapaces puideron levar o mar ata as aulas co Mar na Escola.