Dani Bembibre, outro heroe que completa, batindo todas as marcas, o Ultra Trail Camiño dos Faros
Fai un ano que a malpicá Maite Rojo completaba o desafío do Ultra Trail Camiño dos Faros. Esta fin de semana o heroe foi Dani Bembibre. O sadense completaba os 200km que separan o porto de Malpica do Faro Fisterra, rompendo ademais todos os rexistros: 35 horas e 40 minutos.
Coa imprescindible axuda de Cepi, Noa e María nos avituallamentos e de José Luis, Dani, Jabalí, Felipe Santos, Pablo, Felipe Oza e Beti no acompañamento de carreira, Dani comezou o reto en Malpica o sábado 31 de agosto ás 00:00 horas: 00 horas, e alcanzou o Faro de Fisterra ao día seguinte ás 11:40 horas. O equipo da Asociación Camiño dos Faros estivo con el en todo momento.
Dani é deseñador gráfico e fan das ultradistancias. Despois de 10 anos de experiencia en carreiras como a Xtreme Lagos, Ultra Aldeas do Courel, Quiroga Trail Challenge ou a Ultra do Barbanza, decidiu afrontar este reto individual tras case un ano de preparación, e consegue deixar unha boa pegada na historia do Camiño dos Faros.