Venres. 19.04.2024
El tiempo

Por unha oficina de atención ao cliente de Fenosa-Gas Natural

Por unha oficina de atención ao cliente de Fenosa-Gas Natural
Campana do BNG por unha oficina de atencion ao cliente

Xa temos falado do desamparado que está o consumidor na Costa da Morte sen oficinas de Información. Pero é que hai asuntos concretos tan sangrantes coma este. O 31 de decembro de 2011 pechaba as portas a Oficina de Atención ao Cliente da compañía eléctrica Electra do Xallas no concello de Cee (adquirida posteriormente por Fenosa, e hoxe pertencente ao grupo Gas Natural). Daquela a empresa explicaba que se trataba dunha reestruturación comercial para mellorar o servizo de atención ao cliente, máis hoxe podemos asegurar que ese servizo empeorou, crispando os ánimos dos veciños e veciñas.

Non cabe dúbida que a atención ao cliente por rede telefónica non soluciona de forma satisfactoria as demandas e problemas dos usuarios e usuarias, xa que cada día é máis complicado comprender as facturas e todos os conceptos que contén. Ademais, contamos cunha alta taxa de poboación envellecida, que necesitan todo tipo de explicacións e facilidades para poder expresar os seus problemas puntuais coa compañía subministradora.

E ante esta situación de orfandade, o BNG saca unha campaña a prol dunha Oficina na Costa da Morte da compañía eléctrica.
Dita campaña consistirá na colocación de cartazes reivindicativos, na recollida de sinaturas e na presentación dunha moción relativa nos concellos que recolla a problemática existente derivada do peche da oficina en Cee, todo iso, para instar a Unión Fenosa Distribución. ao estabelecemento dunha Oficina de Xestión e Atención ao Cliente na Costa da Morte, así como para que inicien, os distintos gobernos dos nosos concellos, todas as xestións precisas para acadar este obxectivo.

Susana Trillo Serxio Dominguez e German Traba presentando a campana

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG.

Comentarios