Venres. 29.03.2024
El tiempo

Preguntan á Comisión Europea se existe financiamento para o saneamento da ría de Cee e Corcubión

Serxio Dominguez Ana Miranda e Cesar Perez na praia da Concha
Serxio Domínguez, con Ana Miranda e César Pérez na praia da Concha o pasado mes de abril
Preguntan á Comisión Europea se existe financiamento para o saneamento da ría de Cee e Corcubión

Asegura a alcaldesa de Cee que “está pendiende de aprobación a financiación con fondos europeos dun proxecto de máis de 10 millóns de euros para o saneamento de Cee e Corcubion”. Unha gran nova para a comarca, do que por agora, non sabemos demasiado.

Para ver se é certo, a eurodeputada do BNG Ana Miranda rexistrou unha pregunta na Comisión Europea, pero teremos que esperar un mes para coñecer a resposta. Miranda xa declaraba o pasado mes de abril que ”é unha prioridade consignar orzamento para a limpeza desta praia e o saneamento da ría de Corcubión”, polo que quere corroborar se existen fondos FEDER dispoñibles que permitan acometer o saneamento da ría de Corcubión e Cee e se xa foron solicitados.

Ao seu xuízo “non se pode adiar máis o cumprimento da Directiva Marco da Auga xa que a contaminación repercute dun xeito tremendamente negativo no medio ambiente e nos sectores pesqueiro e marisqueiro”, ademais do turístico, unha vez que a Praia da Concha, a primeira que ven os peregrinos dende Roncesvalles, é unha das 4 praias da comarca onde non está permitido o baño.

“É vergonzoso que atopándose nun lugar privilexiado da Costa da Morte este areal estea nestas condicións”, manifestou, ao tempo que lembrou a participación do concelleiro do BNG Serxio Domínguez nunha conferencia no Parlamento Europeo sobre o saneamento da auga, o pasado mes de marzo, na que explicou as causas da contaminación desta zona, o cal mostra a preocupación constante das nacionalistas pola mellora da calidade da auga.

A clave está na falta de saneamento integral das augas residuais como consecuencia da ausencia de redes separativas de augas fecais e pluviais, tal como recoñece a propia Aguas de Galicia. “Estas carencias provocan, xunto ao mal funcionamento da EDAR, o vertedoiro á ría de millóns de litros de auga sen depurar”, denuncia a portavoz nacionalista en Europa.

Novas relacionadas

Comentarios