Xoves. 24.10.2019
El tiempo

Ana Miranda: “É unha prioridade consignar orzamento para a limpeza desta praia e o saneamento da ría de Corcubión"

Serxio Domínguez, Ana Miranda e Cesar Perez na praia da Concha
Serxio Domínguez, Ana Miranda e Cesar Perez na praia da Concha
Ana Miranda: “É unha prioridade consignar orzamento para a limpeza desta praia e o saneamento da ría de Corcubión"

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, fixo este venres un percorrido pola Costa da Morte. A mellora das condicións de seguridade marítima, relativa ao porto de Malpica, así como o saneamento da ría de Corcubión, foron os dous argumentos principais da súa visita.

Miranda fixo parada na vergonzosa praia da Concha, pechada ao baño desde hai máis de 20 anos debido á contaminación, e absolutamente tomada polo lixo. “Non podemos permitir que esta situación de contaminación se manteña”, manifestou Miranda, quen lembrou a participación do concelleiro do BNG Serxio Domínguez na conferencia en Bruxelas sobre o saneamento da auga o pasado 21 de marzo, na que explicou as causas da contaminación desta zona.

“É unha prioridade consignar orzamento para a limpeza desta praia e o saneamento da ría”, subliñou a eurodeputada do Bloque, quen considera que a calidade da auga é un factor fundamental non só desde o punto de vista medioambiental, senón tamén tendo en conta a dependencia que teñen as vilas pesqueiras do mar.

Miranda visitou á nai do patrón dunha embarcación da pesca do cerco o pasado 20 de decembro en Malpica de Bergantiños tras unhas correntes de auga que se forman na porta de entrada e saída da dársena que fixeron volcar o barco. “É imprescindible que se poñan en marcha as medidas adecuadas para evitar que se volvan producir situacións tan tráxicas como esta, nunha zona de tráfico continuo de embarcacións”, afirma Miranda.

A Eurodeputada rematou a xornada cunha visita á Confraría de Camelle e participando na mesa redonda sobre a pesca e a sustentabilidade organizada polo IES Plurilingüe Pedra da Aguia, Escola Embaixadora do Parlamento Europeo, onde falou do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, aprobado onte na sesión plenaria da Eurocámara.

Novas sobre o saneamento de Cee

Novas sobre pesca

Comentarios