Os Premios Youtubeiras+ abre a contidos en galego en todas as redes sociais

Youtubeiras+ é unha iniciativa organizada polos servizos de normalización lingüística dos concellos de Ames, Carballo, Ferrol, Moaña, Narón, Oleiros, Pontevedra, Rois, Santiago de Compostela e Teo; das universidades da Coruña, Santiago e Vigo; e da Deputación da Coruña
  • As bases pódense consultar xa na web www.youtubeiras.gal. O prazo de inscrición está aberto ata as 23:59 horas do 16 de novembro

Xa está en marcha unha novena edición dos Premios Youtubeiras+, unha das iniciativas normalizadoras máis impactantes do país. O proxecto organizado polos servizos de normalización lingüística de dez concellos (entre os que se atopa Carballo), das tres universidades e da Deputación da Coruña, volve cun claro obxectivo: promocionar o talento en galego nas redes sociais.

Este curso os Premios ábrense a todas as redes sociais e formatos, ampliando o seu campo de acción e permite competir ás persoas maiores de 16 anos que teñan canles autoproducidas nas redes sociais en activo e accesibles durante o certame. 

 

Categorías, premios e inscrición

A representante do concello moañés sinalou que, nesta novena edición, os Premios Youtubeiras+ repartirán 7500 € entre as persoas gañadoras das sete categorías nas que se divide o certame este ano: 

  • Canle, 
  • Creación de Contidos, 
  • Podcast, Revelación,
  • Calidade Lingüística,
  • Rede e 
  • Premio do Público.

Todos os premios están dotados con 1000 €, agás os das dúas primeiras categorías, cuxos galardóns ascenden aos 1250 €. O prazo de inscrición xa está aberto e remata o próximo 16 de novembro ás 23:59 horas.

Obradoiros 

os obradoiros de Youtubeiras+, outro piar fundamental do proxecto, serán impartidos nesta edición por Nuria Espasandín e Sergio Casal, de Toxío, e mais Laura Veiga, de Pingando. Tojo deixou xusto para o final un dos elementos máis representativos de cada edición dos Premios Youtubeiras: o seu lema. «Este ano o lema é Alborotando o algoritmo. Con el queremos proclamar que, malia que os algoritmos tratan de gobernar sobre o que vemos nas redes sociais, sobre o que falamos nelas e mesmo sobre como debemos falar, a decisión é sempre nosa. Está na nosa man e, tamén, na nosa lingua»,