Os malpicáns Toxío e o xalleiro Carlos Vieito, entre os finalistas do Premios Youtubeiras

Merece a pena unha boa mergullada na lista de finalistas aos Premios Youtubeiras 2023. Que marea de calidade feita en galego pola mocidade, e non tanta, do país.
Nesta edición dos Premios Youtubeiras (unha iniciativa organizada polos servizos de Normalización Lingüística de Ames, Carballo, O Grove, Moaña, Pontevedra, Ribadeo, Rois, Santiago de Compostela e Teo, da Deputación da Coruña e da Universidade de Vigo, da Universidade de Santiago de Compostela e da Universidade da Coruña) inscribíronse 68 canles, mentres que 24 vídeos foron propostos pola audiencia dixital para o Premio do Público. Un total 32.480 minutos de vídeos en galego no YouTube que afondan no potencial lingüístico da nosa terra. A gala de entrega celebrarase en Santiago o 17 de febreiro.
Entre os finalistas destacamos a presenza de dúas canles con ADN costeiro. Toxío, a canle de Nuria Espasandín e Sergio Casal (que forman a axenda de comunicación OCO dende Malpica), xa gañou dous premios os anos pasados, aspira a gañar o Premio principal, á Mellor Canle. Ademais, tamén optan ao Premio de Mellor Vídeo, por este documental realizado en Corme sobre o impacto dos eólicos:
Ademais, o xalleiro Carlos Vieito, á fronte da Canle Exército Mekemeke coa radio municipal de Ames, aspira ao Premio Youtubeira do ano.
Esta é relación de finalistas por categorías. Mergulládevos!
- Premio Canle
- Premio Youtubeira
- Premio Youtubeira Revelación
- Premio Vídeo
- Seminario de Estudos Galegos, o centenario, de Prado Rúa
- Unha fin de semana en Londres, de Malva
- Derrubando xigantes, de Toxío
- Premio Calidade Lingüística
- Premio Pioneiro
- Premio Rede
- Premio do Público