xoves. 19.06.2025
El tiempo

A mocidade demostra o orgullo lingüístico da Costa da Morte no festival Falemos+Galego

  • O IES Fernando Blanco e o IES Eduardo Pondal foron os gañadores dos concursos desta edición organizada polo IES Ramón Caamaño.
Festival Falemos + Galego Muxia 2025
A Punta da Barca acolleu o Festival Falemos+Galego
A mocidade demostra o orgullo lingüístico da Costa da Morte no festival Falemos+Galego

Celebrou a mocidade da Costa da Morte o seu encontro máis especial arredor da lingua galega. O proxecto, desenvolto entre 15 centros educativos da comarca, colle o relevo da exitosa campaña herculina #Aquítaménsefala, que viviu o pasado venres o seu gran festival de música galega contemporánea, e celebrou o seu festival de música galega contemporánea deixando patente que a lingua galega vive na Costa da Morte, unha comarca con marcado orgullo galaico.

Este ano o IES Ramón Caamaño foi o anfitrión preparando a Gala final, que se celebrou esta mañá na inmellorable paraxe da Punta da Barca, coa presenza de centos de alumnos dos 14 institutos da bisbarra. Cun día excepcional, a regueifeira Lupe Blanco daba comezo a este singular momento ás 10.30 horas. Subiron ao escenario o Grupo Folk da escola de Música de Cee, a banda ceense Malleira emais Ulex, a novísima banda de atrolondrado punk compostelán que  vén de triunfar precusamente no Aquí tamén se fala, e que tamén fixo bailar á mocidade costeira.

Ulex no Festival Falemos + Galego de Muxia
Ulex no Festival Falemos + Galego

Os premios

Falemos+Galego-Logo ganador IES Eduardo Pondal Ponteceso
O Logo/lema gañador do concurso, feito no IES Eduardo Pondal Ponteceso

A xornada incluía tamén a entrega de premios dos concurso de vídeo e logo e lema (no que participamos como xurado, por certo, e corroboramos que hai moito nivel).

Os gañadores do concurso de Logo e Lema” foi o IES Eduardo Pondal de Ponteceso, con ese “O galego na Costa da Morte non naufraga”, realizado por Kaila Soage Castro.

Na categoría de vídeo gañou a creación do IES Fernando Blanco de Cee, un simpático e orixinal vídeo, en ton de novas, nas que se demostra que na Costa da Morte o galego segue a ser o vehículo lingüístico principal, para os de aquí e para os que veñen.
Os creadores foron Manuel Fernández, Clara Belforth, Carlos Trillo, Javé Díaz, Juda Díaz, Edu Alcalde, Claudia Amigo, Adrián Díaz, Lucía Canosa, Brais Canosa, Xairo CVarreira, René Gavilán e Mayra Paz.

Centros Organizadores

Este ano, son 14 os centros organizadores, comezando polo anfitrión, o IES Ramón Caamaño (Muxía), e continuando polos IES Fernando Blanco (Cee), o IES Agra de Raíces (Cee), o CPI A Picota (Mazaricos), o IES Lamas de Castelo (Carnota), o IES Fin do Camiño (Fisterra), o CPR Nosa Señora do Carme (Fisterra), o IES Maximino Romero de Lema (Baio), o IES Terra de Soneira (Vimianzo), o IES Pedra da Aguia (A Ponte do Porto), o IES Isidro Parga Pondal (Carballo), o IES Eduardo Pondal (Ponteceso), o CPI As Revoltas (Cabana) e o IES Urbano Lugrís (Malpica).

Festival Falemos + Galego Muxia 2025

 

Máis novas

Comentarios