A canle costeira Toxío, unha das gañadoras dos Premios Youtubeiras celebradas en Carballo
Este pasado venres o Pazo da Cultura de Carballo convertiuse de novo no epicentro da rede galega. A Gala de Entrega dos Premios Youtubeiras reuniou o melloriño das creadoras do país na nosa lingua, gracias a este proxecto organizado polos servizos de normalización lingüística de doce concellos (Carballo o único costeiro), as tres universidades galegas e a Deputación da Coruña co obxectivo de fomentar a creación no Youtube en galego.
Un dos grandes premios entregados na Gala conducida por Cristina Collazo, o da Mellor Canle, foi para a canle costeira Toxío. Os costeiros Nuria Espasandín e Sergio Casal, que xa gañaron un premio pola calidade dos seus vídeos en 2021, levan anos espallando na rede tips de viaxe dun xeito espectacularmente profesionais, . Afincados en Malpica agora queren aproveitar toda esa experiencia na rede coa súa propia empresa de comunicación “Oco”.
A gañadora do Premio Youtubeira/0 foi para Neeumatiko, que tamén ten pasado pola comarca coas súas charlas sobre identidade.
A canle Falemos do Reino de Galicia consegue o Premio Calidade Lingüística e Pingando-Laura Veiga faise co galardón do Premio Pioneiro.
Pola súa parte, o Premio Rede galardoa a canle a Lobeira today (programa no que participa a carballesa Eva Patido.
Finalmente o Premio do Público vai para o vídeo ‘Bembibre coas Tanxugueiras’, de Xabi Gómez.
O xurado desta edición, que tivo que escoller entre as 75 canles presentadas e que seleccionou un total de 22 propostas finalistas.