xoves. 13.02.2025
El tiempo

A presidenta de Paradores, disposta a manter aberto o Parador todo o ano trala petición da CMAT

DIRECTIVA_CMAT_PARADORES
Na imaxe, tomada durante FITUR 2025, de esquerda a dereita: María Lema, vicepresidenta da CMAT; Áurea Domínguez, vogal da CMAT; Manuel Muíño, presidente da CMAT; Raquel Sánchez, presidenta da rede de Paradores; Pepe Formoso, secretario da CMAT; e José Muíño, tesoureiro da CMAT.
A presidenta de Paradores, disposta a manter aberto o Parador todo o ano trala petición da CMAT

Xa o pasado mes de novembro, aproveitando unha visita da Directora de Paradores á comarca, o sector turístico da Costa da Morte pedíalle a Raquel Sánchez que o Parador de Lourido puidese abrir todo o ano.

Estes días, aproveitando a presenza na Feira Internacional do Turismo de Madrid (FITUR) 2025, a CMAT realizou un novo encontro coa presidenta da entidade estatal. Unha reunión, de ton cordial e fraternal, ambas partes puxeron en común aspectos relacionados coa apertura do Parador de Muxía durante o ano e as políticas de dispoñibilidade de aloxamentos.

Para a CMAT, “é importante que o Parador de Costa da Morte estea aberto durante o maior tempo posible durante o ano. Esto suporía apostar por unha desestacionalización turística que favorecería a todo o sector de toda a comarca”.

A presidenta da rede de Paradores, que se mostra aberta a darlle continuidade aos contactos coa CMAT neste tema, está estudando as propostas para poder dar unha solución o antes posible.

Outra das propostas achegadas pola CMAT durante FITUR consiste en que o Parador de Muxía, nos momentos en que teña a súa capacidade de aloxamento chea, poida redirixir aos seus clientes a outros establecementos hosteleiros da Costa da Morte.
Con esta medida, estaríase evitando que estas persoas fosen redirixidas a outros aloxamentos da rede de Paradores situados fóra da Costa da Morte e mesmo de Galicia, perxudicando ao sector hosteleiro da contorna.

Máis novas

Comentarios