mércores. 11.12.2024
El tiempo

O sector turístico da comarca pídelle á presidenta de Paradores que o de Muxía abra todo o ano

Donación obras Sofía Gandarias a Paradores  (5) copia
Raquel Sánchez esta mesma semana no Parador de Lourido
O sector turístico da comarca pídelle á presidenta de Paradores que o de Muxía abra todo o ano

A comarca contou esta semana coa visita da presidenta de Paradores. Raquel Sánchez achegábase ao Parador de Muxía para estrear unha exposición moi especial, e comprobaba ademais a unión que reina no sectorprivado do turismo da Costa da Morte.

Así mesmo, aproveitou para volver a xuntarse cos responsables da CMAT (ente público-privado que xestiona o xeodestino) e APTCM (a patronal turística), despois da mantida a comezos de ano en Fitur.

Os representantes da comarca tiveron dúas peticións moi concretas para a presidenta do ente que xestiona o que o sector entende como o “buque insignia” do turismo costeiro. Lembrando que “o Parador foi creado para facer destino”, e que xa hai tempo que o sector deixou de ver o Parador como competencia (o 95% da xente que vén ao Parador de Muxía é a primeira vez que vén a Costa da Morte), en clave de proposta e para que a súa presenza incida aínda máis no sector, e na economía da comarca os representates solicitaron que o Parador abra todo o ano, como fan outros Paradores do estado. A día de hoxe o Parador de Lourido pecha do 1 de xaneiro a Semana Santa.

Sabendo que os números do Parador costeiro son positivos (complicado chegar ao seu 90% de ocupación) entenden que podería ser viable manter aberto máis meses o Parador. “A realidade é que cando para o Parador, moitos establecimentos teñen que pechar”, sinalan en relación a eses restaurantes, eses bares, esas empresas de actividades… que durante o inverno manteñen actividade gracias ao gran reclamo que supón o Parador a nivel estatal.

Pero a realidade é que un día coma onte, en pleno novembro, o Parador estaba cheo, pero o resto de hotelería da comarca está pechada ou baleira. E nese sentido dende o sector van un pouco máis alá, e lle piden á entidade estatal que o Parador de Muxía faga de prescriptor doutros establecimentos hoteleiros da comarca.

Dende a comarca valoran o impacto que ten o Parador para traer turistas que de non existir o Parador non se achegarían á Costa da Morte. Pero tamén hai outro turista que ten gañas de coñecer a nosa comarca, e cando pregunta no Parador atópase que está pechado ou completo. É cando dende o sector solicitan que, no canto de recomendar outros Paradores, non propoñer que cando estean pechado ou completo, que non propoñan outro Parador, outro Destino “Pedimos que xente que quere vir á Costa da Morte, que non sexa derivada a outro Destino”, explican dende a APTCM. “Sabemos que o Parador é firme prescripttor de actividades turísticas, da nosa gastronomía… estamos todos contentos. Pero queremos que sexan tamén prescriptores dos nosos hoteis, que ademais de fixar máis turismo pode axudar a mellorar o sector hotelero”.

Máis novas

Comentarios