QPC presentouse en sociedade
09:42 15/11/10
Esa era a mensaxe que o equipo de QPC e de Galinus quería trasmitir co acto de presentación do Novo QPC, que tivo lugar o pasado venres 12 de novembro de 2010 na Cola da Rá, no Restaurante As Hortensias de Corcubión. Gracias a todos os que puidestes vir, e aos que non. Gracias a todos os facedes posible que este xornal chegue diariamente a milleiros de casas da Costa da Morte e de moitas parte da diáspora. Colaboradores, informadores, fotógrafos, patrocinadores... Gracias a todos por facer este proxecto posible.
E esta é a mensaxe que enviamos hoxe, trala resaca do primeiro acto en sociedade da familia QPC. Moitas gracias por facer da presentación do Novo QPC un éxito de convocatoria, de ambiente e de sentimento comarcal.
Un acto de agradecimento e de presentación
I é que o acto, ademais dese agradecemento eterno a toda esa xente que nos fai xa unha referencia comunicativa na Costa, servía para presentar o novo deseño de QPC, que xa podedes ollar quitando unha w ao enderezo habitual: ww.quepasanacosta.gal. Ao longo desta semana estaremos en probas, polo que publicaremos as novas nos dous espacios.Chegando a toda a sociedade
E unha das cousas das que máis orgulloso se sinte o equipo de QPC é que o diario chega a todos os estratos e a todos os recunchos (nunca mello dito) da bisbarra. Na presentación había xente chegada de máis de unha ducia de concellos. Moitos eran colaboradores, por suposto, pero tamén había responsables de entidades sociais ben diversas, xentes do fútbol da Costa, xentes do mar, representantes do gremio empresarial e turístico, moita mocidade pero tamén pesos pesados do eido cultural e económico da bisbarra. Tan só se botou, relativamente, de menos certa presencia. Non houbo un só representante político de ningún concello da Costa da Morte, a pesar de que a invitaciópn foi enviada persoalmente a cada alcalde e a moitos membros das corporacións cos que temos contacto dende hai tempo. Temos que dicir que foron moitos os que estaban presentes por medio dalgún técnico, pero semella que non se queren decatar da importancia que ten, e terá, este proxecto comunicativo.Presentación do equipo e dos Novos Servizos QPC
A sesión serviu ademais para presentar o equipo de QPC, ademais de todos os que estades aí facendo do "Xornalismo cidadán" un xeito de comunicarse. Aí estaban Daniel Cerqueiro, como xerente de Galinus e editor de QPC; Javier Calaza, responsable técnico e o home que o soluciona todo; Marga Castro, a deseñadora que lle pon a nota de clase a esta empresa; Javier Mosquera, coidando das redes sociais; Oscar Santos, xefe de deportes; e Ubaldo Cerqueiro, o que coida diariamente do portal. Todos lembraron aos ausentes Marcos Rodríguez, o fotógrafo sucesor de Caamaño, e Fran Lago, mozo de Laxe que dará que falar no xornalismo da Costa da Morte, que non puideron estar onte nas Hortensias por estar de viaxe. A sesión servíu ademais para presentar os servizos que levan uns meses en funcionamento. Servizos tan últiles como Axenda Costa da Morte, Recunchos da Costa, Salvalcadelos, o Boletín de Novas da radiONeria e Radio Roncudo, ou Horarios de Autobuses, que demostran ás claras que o noso traballo vai na dirección do desenvolvemento da Costa da Morte.Uns pinchos
E como toda reunión que se prece, o remate chegou a golpe de pinchos. Pero de porco celta da Carnicería Antelo, iso si. Xa podedes ollar unha completa Galería do acto no Facebook de QPC. Pero antes de nada: Moitas gracias.Novas relacionadas
- Recunchosdacosta.com: visitando a Costa a golpe de click.
- Axenda Costa da Morte, un novo servizo de QPC.
- A vangarda das Novas Tecnoloxías de Galicía xuntouse na Costa da Morte.
- Entrevista: Unhas verbas lusófonas con Daniel Cerqueiro, Xerente de Galinus.
- 3 representantes da Costa da Morte na cúpula das TIC galegas.
Proxectos audiovisuais de Galinus
- Galinus explica os seus produtos cun novo e simpático vídeo.
- "E seguimos en QPC Directo".
- Galinus vende os seus produtos no mercado e na Feira dos Sabores de Cee.
- Galinus A Película, xa na rede.
- Corcubión ponse de "holibú".
- O pobo describe Galinus.
- Galinus felicita as festas.
- Galinus de mudanza.
- "Non somos nós" .
Máis proxectos de Galinus
- Salvacadeloes estrea blog e Facebook.
- QPC cos Autobuses da Costa da Morte.
- Noite Sonora para os festivaleiros da Costa da Morte.
- IkiMap: A rede social dos mapas "made en Galicia" continúa medrando:
- Galinus fala ca mocidade das redes sociais.
- A Costa, entre APTCM e Galinus, exporta saber en Turismo 2.0.
- QPC leva os horarios de autobuses integrados pola Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Fotos de Marga Castro.