En que gasta o teu Concello os cartos do Plan Único da Deputación?
Importantísimo para a economía municipal é o Plan Único POS. Esa aposta do goberno bipartido da Deputación da Coruña por democratizar e igualar as axudas provincias, ao tempo que lle permite autonomía aos concellos para decidir cales son as súas necesidades máis importantes.
Porén, ao longo dos anos imos comprobando como os Concellos moitas veces esaxeran o emprego dos fondos en asfalto e gasto corrente, obrigando mesmo á Deputación a impoñer unha certa porcentaxe de investimentos a accións sociais.
Este ano serán 21 millóns os que empreguen os Concellos da Costa cos fondos do POS (se incluímos a partida Adicional aínda sen adxudicar), dos que 8,7 son para a comarca de Bergantiños e 3,3 para a de Fisterra. Pero queremos afondar en que se gastan este ano os Concellos estes fondos, á espera de saber as contías da Partida Adicional.
Gasto corrente
Dos 10,7 millóns aprobados no pleno do pasado venres da Deputación, 4 millóns son destinados polos nosos Concellos a Gasto Corrente (gastos que deberían estar contemplados nos orzamentos pero que aos concellos lles adoita ser máis doado de xustificar), por un total de 5 millóns en investimento. Apenas o Concello de Cabana destinou parte dos fondos a gasto de débeda, mentres que quedan apenas 1,5 millóns para gasto social.
O investimento: Asfalto, e algo de saneamento
Ao facermos estas táboas comprobamos que o asfalto (chámese mellora pavimentación, acondicionamento de vías, renovación do firme….) segue a ser a gran favorita de boa parte dos concellos, e son varios, Cabana, Dumbría, Fisterra, A Laracha, Laxe, Malpica, Mazaricos, Ponteceso, Santa Comba e Vimianzo, os que destina case ao 100% do orzamento do POS á reparación das súas estradas.
Hai unha serie de investimentos singulares que cómpre resaltar, como a Reparación da cuberta da Casa do Mar de Camelle en Camariñas, a instalación de sistema de cobro no centro Comercial Finisterrae en Cee, a humanización da rúa Real de Muros, ou unha senda peonil en Coristanco. Outros Concellos como Carballo, Carnota, Corcubión, Muxía e o propio Coristanco empregan os investimentos no tan necesario saneamento.
POS+ 2024 da Deputación da Coruña na Costa da Morte - INVESTIMENTOS |
||||
Concello | Obxecto | Orzamento | Aportación provincial |
Aportación Concello |
CABANA | Reparación estradas municipais: Briño-Campo da Festa, Briño-Dombate, Río Fornelos-Zas e outros |
177.829,67 | 177.829,67 | 0 |
CAMARIÑAS | Reparación da cuberta da Casa do Mar de Camelle | 134.071,86 | 134.071,86 | 0 |
CARBALLO |
Beirarrúas en Ardaña, fase II | 95.598,98 | 95.598,98 | 0 |
Acondicionamento do campo da festa de Artes | 149.644,45 | 149.644,45 | 0 | |
Melloras da rede de abastecemento de auga ( Rus) | 286.009,73 | 28.990,26 | 314.999,90 | |
CARNOTA |
Recollida da escorrentía superficial en Lariño | 65.513,41 | 65.513,41 | 0 |
Saneamento na aldea de Miñarzo-Lira | 113.053,13 | 113.053,13 | 0 | |
Aseos en edificio municipal en Campo do Viso | 31.533,81 | 26.936,98 | 4.596,83 | |
CEE |
Mellora do entorno da praza Ketty Quintana | 110.953,70 | 110.953,70 | 0 |
Instalación do sistema de accesos e cobro para aparcamento do Centro Comercial Finis Terrae |
56.215,58 | 56.215,58 | 0 | |
CORCUBION | Mellora do saneamento e pavimentación na rúa San Antonio |
55.464,90 | 55.464,90 | |
CORISTANCO |
Centro sociocultural de Santa Baia de Castro | 221.602,00 | 14.348,00 | 0,00 |
Senda peonil no lugar A Cuca - Rececinde | 187.187,00 | 187.187,00 | 0 | |
Ampliación e mellora da rede se saneamento no núcleo de Costa do Carriza |
63.243,75 | 22.368,53 | 85.612,28 | |
DUMBRIA |
Mellora do viario de Vilar de Buxantes ata Marco do Couto |
74.706,40 | 74.706,40 | 0 |
Mellora do viario de Olveira ao encoro da Fervenza e outro |
188.131,00 | 188.131,00 | 0 | |
FISTERRA |
Mellora do firme en Sardiñeiro | 58.719,90 | 19.407,61 | 78.127,51 |
Mellora do firme na rúa Federico Ávila (tramo leste) | 48.452,72 | 48.452,72 | 0 | |
LARACHA |
Mellora capa de rodadura de camiños en Proame | 32.961,26 | 32.961,26 | 0 |
Mellora capa de rodadura camiños na Pedra e a Lourenceira (Parrq. Coiro) |
41.138,02 | 41.138,02 | 0 | |
Mellora pavimentación camiños na Pedra, San Fins e Sabaceda, parroquia de Golmar e Montemaior |
137.132,18 | 137.132,18 | 0 | |
Mellora capa de rodadura dos camiños no Corgo de Abaixo, A Millarada e A Tapia. Parroquia de Soandres |
68.085,34 | 68.085,34 | 0 | |
LAXE |
Acondicionamento de vías no lugar de Soesto | 124.999,99 | 124.999,99 | 0 |
Acondicionamento de vías no lugar de Arrueiro | 31.846,60 | 31.846,60 | 0 | |
Renovación de firme na rúa Hospital | 74.244,37 | 74.244,37 | 0 | |
MALPICA |
Mellora de capa de rodadura en camiños do núcleo de Leduzo |
48.471,41 | 48.471,41 | 0 |
Melloras das infraestruturas na Atalaia (Rúa San Ramón) |
98.221,81 | 98.221,81 | 0 | |
MAZARICOS | Pavimentación camiños parroquias de Albores, Antes, Beba, Coiro, Corzón, Chacín, Maroñas e Mazaricos |
258.035,38 | 258.035,38 | 0 |
MUROS | Humanización da rúa Real, fase II | 238.399,81 | 191.715,60 | 46.684,21 |
MUXIA |
Renovacion do pavimento da senda peonil na praia de Lago en Merexo |
32.613,33 | 32.613,33 | 0 |
Mellora viais e ampliación redes saneamento e pluviais no núcleo de Frixe, fase III |
155.544,22 | 155.544,22 | ||
Mellora de camiños en Merexo | 159.020,34 | 159.020,34 | 0 | |
Pavimentacion da pista entre a estrada AC 440 e o úcleo de Cebráns no Concello de Muxía |
57.357,32 | 57.357,32 | 0 | |
PONTECESO |
Mellora do acceso a Limiñoa dende DP-6805 e outro |
170.964,60 | 170.964,60 | 0 |
Mellora do acceso ó núcleo rural histórico de Balarés | 29.950,60 | 29.950,60 | 0 | |
SANTA COMBA |
Afirmado e acondicionamento de vial dende a AC-308 a Busto |
32.952,24 | 32.619,37 | 332,87 |
Afirmado e acondiconamento de viais no Pazo | 73.917,01 | 74.671,31 | 754,3 | |
firmado e acondicionamento de vial dende AC 543 a Pazos |
79.521,28 | 78.717,99 | 803,29 | |
VIMIANZO |
Mellora viario Treos-Carnio | 189.088,77 | 189.088,77 | 0 |
Pavimentación interior no lugar de A Esquipa | 188.183,00 | 188.183,00 | 0 | |
Arranxo do pavimento interior no lugar de Xora | 152.150,80 | 152.150,80 | 0 | |
ZAS | Rehabilitación enerxética da Escola Infantil de Zas | 231.213,71 | 231.213,71 | 0 |
OUTRAS NOVAS DO POS
- 2023: En que empregan os Concellos da Costa da Morte os 12,6 millóns do POS+?.
- Domingo Guerra: Así é o POS+.
- 2022: Asfalto e gasto corrente, sen consenso: Así gastan o POS os Concellos da Costa da Morte.