Venres. 03.05.2024
El tiempo

A comarca de Bergantiños recibe en 2024 máis de 8,7 millóns na primeira fase do Plan Único da Deputación

Presentación Plan Único Malpica_Politicos Malpica
Os grupos municipais de PP, PSOE e BNG estiveron representados na visita de Cristina Garcia
A comarca de Bergantiños recibe en 2024 máis de 8,7 millóns na primeira fase do Plan Único da Deputación

Á espera do que poida caer nos Plans Complementarios, 8.745.320,76 € é a cantidade que a Deputación da Coruña vai investir na comarca de Bergantiños, neste 2024, a través do Plan Único, o famoso POS.

Así o anunciou esta mañá a deputada de plans provinciais, Cristina García, na súa visita a Malpica, onde tamén aproveitou para coñecer unha das obras financiadas, a da rúa Barreiro, que visitou acompañada de representantes dos grupos de PP, BNG e PSOE.

O concello de Malpica recibe, neste exercicio, unha partida inicial de 407.850€ a través deste plan “pensado para mellorar o benestar e a calidade de vida da veciñanza, especialmente dos núcleos de poboación máis pequenos”. Unha cantidade que forma parte do investimento total da comarca de Bergantiños, que nos últimos anos recibiu 94.286.119,52 €.

Presentación Plan Único Malpica_3

Maior autonomía para os concellos

A deputada lembrou que “grazas ao Plan Único (POS+) da Deputación da Coruña, os concellos teñen unha maior autonomía para distribuir os recursos públicos en función das súas prioridades”. Trátase, afirmou, “do maior plan de cooperación municipal de Galicia e un dos máis importantes de España”. No caso de Malpica, o Plan Único destinouse, por unha banda, a cubrir parte do gasto corrente e, por outra, a obras como as actuacións de mellora das infraestruturas na

Cristina García sinalou que se trata dunha fase inicial e que “nos próximos meses previsiblemente aprobarase unha segunda fase que habilitará unha nova partida e que incrementará o investimento nos concellos, o que lles permitirá avanzar en novos proxectos”.

Comentarios