Sábado. 27.07.2024
El tiempo

En que gasta o teu Concello os cartos do Plan Único da Deputación?

Comitiva da Deputacion por Dumbri
Comitiva da Deputación nunha visita a Dumbría
En que gasta o teu Concello os cartos do Plan Único da Deputación?

Importantísimo para a economía municipal é o Plan Único POS. Esa aposta do goberno bipartido da Deputación da Coruña por democratizar e igualar as axudas provincias, ao tempo que lle permite autonomía aos concellos para decidir cales son as súas necesidades máis importantes.

Porén, ao longo dos anos imos comprobando como os Concellos moitas veces esaxeran o emprego dos fondos en asfalto e gasto corrente, obrigando mesmo á Deputación a impoñer unha certa porcentaxe de investimentos a accións sociais.

Este ano serán 21 millóns os que empreguen os Concellos da Costa cos fondos do POS (se incluímos a partida Adicional aínda sen adxudicar), dos que 8,7 son para a comarca de Bergantiños e 3,3 para a de Fisterra. Pero queremos afondar en que se gastan este ano os Concellos estes fondos, á espera de saber as contías da Partida Adicional.

Gasto corrente

Dos 10,7 millóns aprobados no pleno do pasado venres da Deputación, 4 millóns son destinados polos nosos Concellos a Gasto Corrente (gastos que deberían estar contemplados nos orzamentos pero que aos concellos lles adoita ser máis doado de xustificar), por un total de 5 millóns en investimento. Apenas o Concello de Cabana destinou parte dos fondos a gasto de débeda, mentres que quedan apenas 1,5 millóns para gasto social.

O investimento: Asfalto, e algo de saneamento

Ao facermos estas táboas comprobamos que o asfalto (chámese mellora pavimentación, acondicionamento de vías, renovación do firme….) segue a ser a gran favorita de boa parte dos concellos, e son varios, Cabana, Dumbría, Fisterra, A Laracha, Laxe, Malpica, Mazaricos, Ponteceso, Santa Comba e Vimianzo, os que destina case ao 100% do orzamento do POS á reparación das súas estradas.

Hai unha serie de investimentos singulares que cómpre resaltar, como a Reparación da cuberta da Casa do Mar de Camelle en Camariñas, a instalación de sistema de cobro no centro Comercial Finisterrae en Cee, a humanización da rúa Real de Muros, ou unha senda peonil en Coristanco. Outros Concellos como Carballo, Carnota, Corcubión, Muxía e o propio Coristanco empregan os investimentos no tan necesario saneamento.

POS+ 2024 da Deputación da Coruña
na Costa da Morte - INVESTIMENTOS
Concello Obxecto Orzamento Aportación
provincial
Aportación
Concello
CABANA Reparación estradas municipais: Briño-Campo da
Festa, Briño-Dombate, Río Fornelos-Zas e outros
177.829,67 177.829,67 0
CAMARIÑAS Reparación da cuberta da Casa do Mar de Camelle 134.071,86 134.071,86 0

CARBALLO

Beirarrúas en Ardaña, fase II 95.598,98 95.598,98 0
Acondicionamento do campo da festa de Artes 149.644,45 149.644,45 0
Melloras da rede de abastecemento de auga ( Rus) 286.009,73 28.990,26 314.999,90

CARNOTA

Recollida da escorrentía superficial en Lariño 65.513,41 65.513,41 0
Saneamento na aldea de Miñarzo-Lira 113.053,13 113.053,13 0
Aseos en edificio municipal en Campo do Viso 31.533,81 26.936,98 4.596,83

CEE

Mellora do entorno da praza Ketty Quintana 110.953,70 110.953,70 0
Instalación do sistema de accesos e cobro para
aparcamento do Centro Comercial Finis Terrae
56.215,58 56.215,58 0
CORCUBION Mellora do saneamento e pavimentación
na rúa San Antonio
55.464,90 55.464,90  

CORISTANCO

Centro sociocultural de Santa Baia de Castro 221.602,00 14.348,00 0,00
Senda peonil no lugar A Cuca - Rececinde 187.187,00 187.187,00 0
Ampliación e mellora da rede se saneamento no
núcleo de Costa do Carriza
63.243,75 22.368,53 85.612,28

DUMBRIA

Mellora do viario de Vilar de Buxantes
ata Marco do Couto
74.706,40 74.706,40 0
Mellora do viario de Olveira ao encoro
da Fervenza e outro
188.131,00 188.131,00 0

FISTERRA

Mellora do firme en Sardiñeiro 58.719,90 19.407,61 78.127,51
Mellora do firme na rúa Federico Ávila (tramo leste) 48.452,72 48.452,72 0

LARACHA

Mellora capa de rodadura de camiños en Proame 32.961,26 32.961,26 0
Mellora capa de rodadura camiños na Pedra e a
Lourenceira (Parrq. Coiro)
41.138,02 41.138,02 0
Mellora pavimentación camiños na Pedra, San
Fins e Sabaceda, parroquia de Golmar e Montemaior
137.132,18 137.132,18 0
Mellora capa de rodadura dos camiños no Corgo
de Abaixo, A Millarada e A Tapia. Parroquia de Soandres
68.085,34 68.085,34 0

LAXE

Acondicionamento de vías no lugar de Soesto 124.999,99 124.999,99 0
Acondicionamento de vías no lugar de Arrueiro 31.846,60 31.846,60 0
Renovación de firme na rúa Hospital 74.244,37 74.244,37 0

MALPICA

Mellora de capa de rodadura en camiños
do núcleo de Leduzo
48.471,41 48.471,41 0
Melloras das infraestruturas na Atalaia
(Rúa San Ramón)
98.221,81 98.221,81 0
MAZARICOS Pavimentación camiños parroquias de Albores,
Antes, Beba, Coiro, Corzón, Chacín, Maroñas e
Mazaricos
258.035,38 258.035,38 0
MUROS Humanización da rúa Real, fase II 238.399,81 191.715,60 46.684,21

MUXIA

Renovacion do pavimento da senda peonil
na praia de Lago en Merexo
32.613,33 32.613,33 0
Mellora viais e ampliación redes saneamento e
pluviais no núcleo de Frixe, fase III
155.544,22 155.544,22  
Mellora de camiños en Merexo 159.020,34 159.020,34 0
Pavimentacion da pista entre a estrada AC 440 e o
úcleo de Cebráns no Concello de Muxía
57.357,32 57.357,32 0

PONTECESO

Mellora do acceso a Limiñoa
dende DP-6805 e outro
170.964,60 170.964,60 0
Mellora do acceso ó núcleo rural histórico de Balarés 29.950,60 29.950,60 0

SANTA COMBA

Afirmado e acondicionamento de vial
dende a AC-308 a Busto
32.952,24 32.619,37 332,87
Afirmado e acondiconamento de viais no Pazo 73.917,01 74.671,31 754,3
firmado e acondicionamento de vial dende AC
543 a Pazos
79.521,28 78.717,99 803,29

VIMIANZO

Mellora viario Treos-Carnio 189.088,77 189.088,77 0
Pavimentación interior no lugar de A Esquipa 188.183,00 188.183,00 0
Arranxo do pavimento interior no lugar de Xora 152.150,80 152.150,80 0
ZAS Rehabilitación enerxética da Escola Infantil de Zas 231.213,71 231.213,71 0

OUTRAS NOVAS DO POS

Comentarios