O Plan Único da Deputación da Coruña inviste 21 millóns de euros na Costa da Morte

Vén de presentar Deputación da Coruña os datos do POS+, ou Plan Único. Un plan que permite este ano repartir máis de 100 millóns de euros en toda a provincia para que os 93 Concellos decidan en que investilos. Deles, 21 millónsviñeron para os 19 Concellos da Costa da Morte que cubrimos en QPC, duplicando a cantidade do ano pasado.
Na presentación, o presidente da entidade Valentín González Formoso incidiu no “cambio revolucionario” que supuxo o Plan Único na forma de facer política da institución provincial, xa que multiplicou por tres o investimento da Deputación nos concellos e deulles “total autonomía” á hora de decidir en que invisten os fondos.
Se ben moitos dos concellos escollen asfalto e gasto corrente, o POS+ permite decidir que obras nos concellos máis pequenos. “É unha ferramenta mellora a vida da cidadanía en todos os concellos da provincia, pero especialmente naqueles máis pequenos, xa que para os 82 concellos de menos de 20.000 habitantes o importe recibido a través do POS pode supor desde un 5-10% do orzamento no caso dun concello mediano e até 20-30% para os máis pequenos”, sinalaron na presentación Xosé Regueira e Cristina García
Plan Único 2024 Comarca de Bergantiños-Costa da Morte | ||||
Concello | Inicial | Social | Adicional | Total POS+ |
Cabana | 416.250,67 | 66.982,87 | 407.508,26 | 890.741,80 |
Camariñas | 306.953,99 | 49.394,89 | 307.749,85 | 664.098,73 |
Carballo | 1.216.290,13 | 195.724,85 | 1.190.328,27 | 2.602.343,25 |
Cee | 382.729,67 | 61.588,68 | 374.560,26 | 818.878,61 |
Carnota | 320.503,67 | 51.575,30 | 315.334,74 | 687.413,71 |
Corcubión | 126.985,56 | 20.434,46 | 124.275,03 | 271.695,05 |
Coristanco | 573.354,61 | 92.263,96 | 1.019.435,82 | 1.685.054,39 |
Dumbría | 430.722,26 | 69.311,63 | 423.149,96 | 923.183,85 |
Fisterra | 245.368,89 | 39.484,65 | 244.246,27 | 529.099,81 |
Laxe | 242.892,48 | 39.086,15 | 251.401,45 | 533.380,08 |
Laracha, A | 639.488,46 | 102.906,19 | 694.886,28 | 1.437.280,93 |
Malpica | 351.316,44 | 56.533,68 | 376.530,02 | 784.380,14 |
Mazaricos | 590.765,21 | 95.065,67 | 578.155,26 | 1.263.986,14 |
Muros | 438.927,82 | 70.632,06 | 429.558,85 | 939.118,73 |
Muxía | 495.390,96 | 79.718,09 | 510.377,37 | 1.085.486,42 |
Ponteceso | 459.990,39 | 74.021,44 | 450.171,84 | 984.183,67 |
Santa Comba | 786.970,70 | 126.638,96 | 1.442.531,52 | 2.356.141,18 |
Vimianzo | 669.849,91 | 107.791,94 | 655.578,91 | 1.433.220,76 |
Zas | 529.357,70 | 85.184,00 | 518.058,50 | 1.132.600,20 |
TOTAL | 9.224.109,52 | 1.484.339,47 | 10.313.838,46 | 21.022.287,45 |