![Xogadores do Renaicenca Estoril coa camisola de Quepasanacosta]()
Xogadores do Renaicença Estoril coa camisola de Quepasanacosta
Este mes de xuño, QPC cumpriu un soño. O soño de poder axudar dende este pequeno recuncho do fin da terra, a nenos do outro lado do planeta, do esquecido continente africano. Gracias á idea de Julio Vila, a colaboración de entidades como Cruz Vermella Vimianzo ou as Escolas Luis Calvo, puidemos enviar unha
marea de botas e balóns usados a Angola, a través da Academia de Futebol de Angola.
Pero ademais, a nosa colaboración cos rapaces daquel país lusófono quixo ir máis aló, doando unha equipación completa para un equipo de fútbol base da capital. Dende esta semana,
o Renaicença Estoril, equipo con cativos nados entre 2004 e 2005 do barrio de Golfe da capital do país, Luanda, viste as camisolas enviadas por Quepasanacosta.
Todo un orgullo, un soño cumplido, que nos anima a seguir realizando accións solidarias con este país, e que refrenda a idea que temos do
Fútbol da Costa como un axente transformador, non só da nosa sociedade, senón do mundo enteiro.
![Toni Cortes fixo entrega das camisetas aos rapaces do Renaicença Estoril]()
Toni Cortes fixo entrega das camisetas aos rapaces do Renaicenca Estoril
![Xogadores do Renaicenca Estoril coa camisola de Quepasanacosta 2]()
Algúns dos xogadores do Renaicenca Estoril coa camisola de Quepasanacosta 2
Clasificando o material
Os máis de 20 balóns enviados xa corren polos campos de terra luandeses, se ben estes días a familia da Academia de Futebol de Angola, da man de
Toni Cortés, o contacto con Galicia, está clasificando por números todas as botas enviadas, e as van ir entregando aos clubs do barrios e algúns dos propios deportistas da Academia, que tamén as precisan.
Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/qpcsolidario-unha-marea-de-material-deportivo-do-futbol-da-costa-para-angola/
https://quepasanacosta.gal/toni-cortes-gran-parte-da-poboacion-de-angola-non-pode-acceder-nin-a-ter-unhas-botas-ou-un-balon-de-futbol/