Martes. 08.10.2024
El tiempo

Os Quijotes e Petón do Lobo piden que os eólicos non afecten aos humidais de montaña

Branas Valadares Outes
Imaxe dos humidais de Valadares, en Outes
Os Quijotes e Petón do Lobo piden que os eólicos non afecten aos humidais de montaña

Nova petición das entidades ambientais da zona contra os eólicos. Desta volta, de norte a sur, a Plataforma Quijote de Outes e a Asociación Petón do Lobo dende Bergantiños, instan á Consellería de Medio Ambiente “á protección dos humidais de montaña e a afastar os parques eólicos destes”. Como fixeron coas Brañas de Castriz eante a ameaza dun proxecto mineiro, desta volta as entidades piden a inclusión do Complexo Húmido das Brañas de Valadares (Outes) no Inventario de Humidais da Xunta de Galicia, para salvala dun novo parque eólico.

”Esta acción é de vital importancia para protexer este tipo de brañas por ser hábitats prioritarios e de vital importancia que albergan distintas especies de fauna e flora altamente sensibles e escasas. Demándase tamén que non se aproben proxectos eólicos neste tipo de humidais xa que podrían afectar de forma sustancial o medio hídrico”, demandan.

Neste caso concreto é o proxecto eólico Maragouto, da promotora Green Capital Power, o que afectaría “este ecosistema tan valioso como son os humidais das brañas de Valadares, un ecosistema con hábitats prioritarios e orixe de diversos mananciais que abastecen a distintos lugares da parroquia de Valadares, e berce de nacemento de diversos cauces pertencentes á conca do Río Beba pertencente á conca do Río Xallas, afectando a numerosos cauces e fontes. Na solicitude de inclusión de dito humidal detállase minuciosamente que o Complexo humidal brañas de Valadares, estaría formado polos Prados da Braña, Brañas de Mirás, Monte Penedo, Brañas Prado de Abaixo, Pedra das cuncas, Brañas corno de Cervo,Brañas de Marsillán, Pedra do Mouro, Braña Longa, Brañas de Penedo Mosqueiro e Brañón”.

Novas relacionadas

Máis novas dos eólicos

Comentarios