Xoves. 28.03.2024
El tiempo

As asociacións de Cee entregan Medalla Fernando Blanco

As asociacións de Cee entregan Medalla Fernando Blanco
Este vindeiro luns 6 de decembro o Concello de Cee fará entrega da Medalla Fernando Blanco 2010. Este venres, 3 de decembro, terá lugar a votación entre unhas 35 asociacións do concello para coñecer o ganador desta edición. Entre os candidatos hai dúas das máis activas asociacións da zona, como son APEM e Aspadex. Pero tamén hai pesos pesados da bisbarra como Concha Blanco, Perfecto Castro Canosa, Ramón Vigo Vázquez (pai do actual alcalde), ou Carlos Oliete, que xa fora finalista o ano pasado cando levou o galardón o médico Juan José López Bermúdez, “Juan de Toba” .

Candidatos

  • ASOCIACIÓN A.P.E.M.
  • ASOCIACIÓN ASPADEX.
  • CONCHA BLANCO BLANCO.
  • LORENZO CASTIÑEIRA CANOSA.
  • PERFECTO CASTRO CANOSA.
  • CARLOS OLIETE FERNÁNDEZ.
  • RAMÓN VIGO VÁZQUEZ.

Programa

O programa para o luns é o seguinte:
  • A partir das 11.30 horas: pasarrúas da Banda da Escola de Música de Cee.
  • 12.00 horas: ceremonia de entrega da Medalla no Salón de Actos do Concello de Cee. Dito acto rematará cun concerto a cargo do Trío de corda CANON.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Cee.

Comentarios