Un recoñecemento aos padriños do Concurso de Murais de Lar

Os gañadores de APEM cos padriñ@s. Fotos de Víctor Conde.

Esta pasada fin de semana coñecimos os gañadores do Certame de Murais de Azulexo de Lar. Esa proposta transversal, que se mete de cheo nos plans de estudo dunha ducia de coles (e entidades sociais) de toda a provincia, e que lles permite á rapazada mergullarse nun coñecemento singular.

Este ano a temática foi sobre naufraxios, e para axudarlles a investigar e a descubrir cousas sobre o noso patrimonio arqueolóxico subacuático, cada grupo tivo un padriño ou madriña. “O seu cariño, a súa axuda nas propostas, sempre pensando no alumnado e nos usuari@s das asociacións que forman esta familia, foi fundamental para o fermoso desenvolvemento deste certame”, asegura Tatiana Rodríguez, a responsable da RSC da empresa ceense.

O CEIP Manuela Rial con Antón Castro

Por iso cómpre destacar a labor de todos os que formaron este apadrinazgo, a maioría moi vinculados á nosa bisbarra, que foron designados por sorteo:

  • Pepe de Oleghario axudou a APEM.
  • Nacho Porto ao IES Isidro Parga Pondal.
  • Pepe Formoso ao IES Fernando Blanco.
  • Antón Castro ao Colexio Manuela Rial.
  • Gonzalo Rodríguez a Aspaber.
  • Francesc Busquets ao IES Praia Barraña.
  • Félix Quintero ao IES Ramón Caamaño.
  • Covadonga Carrasco ao Colegio Andaina.
Familia de Aspaber con Gonzalo Rodríguez
O IES Ramón Caamaño con Félix Quinteiro

Un dos padriños é Félix Quinteiro. “A experiencia foi moi positiva xa que os rapaces e rapazas fixeron uns murais con moito traballo e imaxinación. Penso que eles aprenderon moito sobre a importancia do traballo en equipo. E o resultado é moi positivo, e a proba está por exemplo na exposición da Mariña da Coruña cos dos faros da Costa, moi visitada e comentada. Con todo, eu penso que a dos pecios aínda pode superala”, sinala. “Ademais foi unha mañá de ledicia e xuventude, que despois do que levamos pasados estos dous anos, é moi necesario”, apunta un dos membros da familia do CM Carrumeiro.

O IES Fernando Blanco con Pepe Formoso, e o sempre presente Manolo Canosa

Outro é Pepe Formoso “foi unha experiencia moi grata. Estou moi contento, porque ademais eu levo dende a primeira edición participando neste proxecto, na chuvia de ideas, e me sinto querido como se fora da casa. Ca responsabilidade de divulgar aínda máis este fermoso proxecto”.

O Isidro Parga Pondal con Nacho Porto
O IES Barraña de Boiro con Francesc Busquets
APEM con Pepe de Oleghario
O Colexio Andaina con Covadonga Carrasco. Fotos de Victor Conde

Novas do Concurso de Murais