Venres. 29.03.2024
El tiempo

APEM leva o primeiro premio do Certame de Murais de Azulexo de Lar

1º p apem
A familia de APEM co seu premio
APEM leva o primeiro premio do Certame de Murais de Azulexo de Lar

Chegou ao seu remate a 9ª edición do Concurso de Murais de Azulexo de Lar. A fermosa e emotiva gala de entrega de premios desenvolveuse esta mañá de venres 10 de xuño no aparcamento da empresa, en presenza dos centros participantes, e envolta nun ambiente de creatividade e confraternización.

Este ano, este proxecto transversal afondou no nos naufraxios, dando conta da importancia do noso patrimonio arqueolóxico subacuático. Uns fondos mariños cheos de historias nos que o alumnado dos centros de ensino e dos centros de capacidades especiais tiveron que mergullarse para facer as súas creacións, os seus murais.

O xurado (Antón Castro, Covadonga Carrasco, Begoña Fdez. e Félix Quinteiro) escolleron os mellores murais, e o gañador do primeiro premio foi a familioa de APEM, coa súa historia sobre o naufraxio do Bayonnaisse.

2º isidro parga carballo
O IES Parga Pondal

En 2ª posición quedou o IES Parga Pondal de Carballo, cuio mural lembra o afundimento do Ambaca.

O 3º premio queda en Cee, para o mural sobre o Serpent do IES Fernando Blanco. E tamén o CPR Manuela Rial leva un accesit pola recuperación da historia de San Jerónimo.

3º Fernando Blanco
O IES Fernando Blanco

A festa tivo momentos emotivos como o o protagonizado usuario de APEM Marcos Traba, que puxo o toque musical co seu piano, poñendo o broque final a esta nova edición do singular certame.

IMG_6543
Marcos Traba

Os participantes

Estes foron os proxectos de todos os centros participantes nesta edición

Centros participantes Naufraxio Nacionalidade Lugar de afundimento Ano
CPR Manuela Rial Mouzo San Jerónimo Español Faro C (Corcubión) 1956
IES Ramón Caamaño, Muxía City of Agra Inglés Arou (Camariñas) 1897
IES Praia Barraña, Boiro Mont Parnes Griego Carrumeiro Chico (Corcubión) 1935
IES Fernando Blanco, Cee Serpent Ingles Trece (Camariñas) 1980
IES Isidro Parga Pondal, Carballo Ambaca Portugués Touriñán (Muxía) 1917
CPR Andaina, Coruña Brigneti Italiano Vilán (Camariñas) 1893
Asoc Apem, Cee Bayonnaise Francés Fisterra 1803
Asoc Aspaber, Carballo Mina Sorriego Español Muxía 1954

 

 

Novas do Concurso de Murais

Comentarios