Mércores. 13.11.2019
El tiempo

#RECORTES NO #ENSINO

3 unidades e 8 postos docentes menos nos centros escolares da Costa da Morte

Fonte: Ester Vázquez
Fonte: Ester Vázquez
3 unidades e 8 postos docentes menos nos centros escolares da Costa da Morte

Os recortes en materia educativa continúan asolagando ao rural galego. E botarlle a culpa ao descenso da natalidade ou éxodo rural é simplemente esquecer que as políticas públicas están precisamente para evitalos. E ofrecer servizos públicos de calidade, no rural, debería ser responsabilidade obrigada dun goberno comprometido na loita contra o despoboamento do noso campo.

A pesar do berro seco das ANPAS Galegas ante o peches de varias Escolas Unitarias ao longo do país, a Xunta segue facendo oídos xordos e reducindo aos mínimos o servizo de educación pública.

A semana pasada a Xunta facía público o informe de docentes e unidades para o vindeiro curso. Un informe que completa o que fixemos o pasado mes de febreiro coa axuda da Estér Vázquez, e que continúa a mesma tendencia dos últimos anos: o recorte.

3 unidades e 8 postos docentes menos

Así, ademais do peche das dúas Escolas Infantís de Carnota, a Costa da Morte perde 3 unidades de primaria, 1 en Mazaricos e 2 en Vimianzo, dous concellos que xa estaban á cabeza dos máis castigados da comarca.

Co peche destas unidades, pérdense 8 postos docentes. Dos cales 5 son especialistas de Primaria; 1 de Lingua Inglesa, e 2 de Atención á Diversidade. Moi significativo que o peche de unidades nos centros conleve tamén eliminar estas especialidades, xa reducidas a mínimos nos últimos anos. Así, o CEIP de Baíñas queda sen PT e o de Pino do Val sen orientador…

Pola contra, en toda a comarca só se crea unha unidade, unha aula de infantil en Cee, que conleva 2 prazas docentes para esta etapa no CEIP Eugenio López.

Novas relacionadas

Comentarios