Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A fusión de concellos comeza polas escolas de Coristanco e Santa Comba

Imaxe da festa de fusion das CRA Santa Comba-Coristanco 1
Imaxe da festa de fusión das CRA Santa Comba-Coristanco
A fusión de concellos comeza polas escolas de Coristanco e Santa Comba

Segue estando presente aquel proxecto de fusión de concellos presentado pola Xunta en 2012. Un proxecto que seguramente garatizaría un mantemento de servizos axeitados á nosa demografía. E despois do único exemplo municipal (o de Oza-Cesuras), e esperando a ver se alguén se atreve a crear un “Ceebión”, son as escolas as que protagonizan estes movementos.

Onte tivo lugar a escenficación da fusión, organizado por AMCRAGA (Asociación de Mestres/as dos CRA de Galicia), dos colexios rurais agrupados CRA de Santa Comba e Coristanco. Con presencia da Xunta e da alcaldesa María Pose, o alumnado do Colexio Rural Agrupado (CRA) de Santa Comba e o CRA Novo Mencer (Coristanco) pasarán a formar parte dun único CRA que inicialmente se denominará CRA de Santa Comba-Coristanco.

Imaxe da festa de fusion das CRA Santa Comba-Coristanco

Este proxecto de reestructuración das escolas rurais da zona, está chegando a un ámbito supramunicipal, pois tamén inclúe a Escola de Educación Infantil de Lañas (A Baña).

Así, o CRA de Santa Comba ten tres lugares de docencia (escolas de Boaña, O Busto e Mallón-San Cristovo) e o Novo Mencer outros catro repartidos por distintos lugares do concello de Coristanco (Feiranova, Oca, Rabadeira e Xaviña), polo que o CRA que agora resulta da fusión xunto coa incorporación da EEI de Lañas (A Baña), supón aglutinar oito escolas -que entre todas elas suman unhas 80 alumnas e alumnos no presente curso escolar- repartidas en tres concellos distintos baixo unha mesma dirección e coordinación administrativa e educativa.

Novas relacionadas

Comentarios