Martes. 04.08.2020
El tiempo

As reflexións dos colectivos costeiros tralo primeiro Faladoiro sobre a Pandemia en clave feminista

Imaxe da Manifestación polo 8M de Cee-Foto-Paula Castiñeira
Imaxe da Manifestación polo 8M de Cee-Foto-Paula Castiñeira
As reflexións dos colectivos costeiros tralo primeiro Faladoiro sobre a Pandemia en clave feminista

Este xoves tivo lugar o primer Faladoiro sobre a Pandemia en clave feminista no que participaron as distintas asociacións feministas da Costa da Morte. Unha cita para intercambiar sentimentos e impresións que nos xurden nesta tempada.

A Organización Feminista Buserana recupera aquí algunhas das reflexións que xurdiron no foro:

  • Este sistema capitalista neoliberal enférmanos coma sociedade por esta contínua explotación de persoas e recursos naturais xa que non pon a Vida no centro.
  • Mulleres na casa, traballo 24 horas. Total disponibilidades, apoio emocional e crianza.
  • A casa non é segura se tes que convivir co teu maltratador.Hai un considerable aumento das denuncias por situacións de maltrato.
  • “Sen coidado, non hai vida” berrabamos o 8M. Estes coidados son realizados maioritariamente por mulleres, os chamados agora servizos básicos: caixeiras, limpadoras, coidadoras.... Adoitan ser traballos mal remunerados, precarizado e pouco valorados(ata o de agora). Se ese traballo o realizan mulleres migrantes, moitas delas sen seguro, nen papeis, en situación irregular, a situación é de moita vulnerabilidade. De aí a campaña Regularización xa!!! que berra ningunha persoa sen dereitos!!
  • Aumento da precariedade e risco de pobreza de moitas mulleres que quedaron sen traballo, de coidados, e teñen que acudir aos Servizos Sociais.
  • A brecha dixital existe no rural e amósase agora máis que nunca cando é imposible para as familias máis vulnerables poder acceder a axudas “on-line”.
  • Comprobamos que non precisamos consumir tanto para poder vivir. E que temos que apostar pola producción local que coida e protexe a contorna.
  • Cremos que o cambio hai que construilo e que todos os avances logrados a nivel laboral e social (ERTE,non cortar luz e auga...)deben manterse despois desta Pandemia.
  • Cremos que debemos seguir loitando polos servizos Públicos para garantir que todo o mundo poda acceder a eles e protexer ás persoas que realizan estes servizos esenciais mellorando as súas condicións laborais.
  • Cremos que debemos manter as redes veciñais que se foron creando asi como as redes de apoio e solidariedadecoas persoa máis vulnerables, de novo a vida no centro.
 

Novas relacionadas

comentarios