sábado. 28.02.2026
El tiempo

Repaso aos preto de 20 millóns que o POS+ da Deputación deixa na Costa da Morte

Visita da Deputacion a artes carballo 2
Visita da Deputación a Artes
Repaso aos preto de 20 millóns que o POS+ da Deputación deixa na Costa da Morte

Visita institucional onte a Carballo para poñer en valor os máis de 19 millóns que o Plan Único (POS+2026) vai deixar este curso na Costa da Morte. Unhas cifras que superan os 150 millóns e en case 800 obras se contabilizados dende que en 2017 comezara o programa.

A visita serviu para facer balance do impacto do Plan Único no municipio anfitrión e no conxunto da comarca. Se ben boa parte dos Concellos dedicaron o POS a gasto corrente, hai tamén investimentos en abastecemento e saneamento, mellora de estradas e espazos públicos, iluminación, equipamentos ou servizos básicos.

"O Plan Único non só mellora infraestruturas e servizos, senón que actúa como un motor de actividade económica no territorio, xerando emprego nas empresas locais de construción, servizos e subministracións, fixando poboación e “contribuíndo á dinamización da economía das nosas vilas e concellos”, sinalou o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, que lembrou que cada millón de euros investido en obras apoia o mantemento ou creación de 17 empregos. 

Carballo, o concello que máis fondos recibe do POS+

Desde a súa creación en 2017, o Plan Único leva mobilizados 150.617.016,01 euros nos concellos de Bergantiños e Costa da Morte, cos que se financiaron 764 obras e numerosos servizos municipais e programas sociais.

Carballo é, ademais, o concello que maior financiamento recibe do Plan Único en toda a provincia da Coruña: 2,4 millóns de euros iniciais este ano e preto de 25 millóns acumulados. Formoso explicou que a distribución dos fondos realízase en base a criterios obxectivos e transparentes, como a poboación, a superficie do termo municipal, o número de parroquias ou o esforzo fiscal de cada concello. “A propia configuración territorial e demográfica de Carballo fai que sexa o municipio que maior achega recibe dos 93 da provincia, o que demostra que o POS+ non responde a decisións políticas ou discrecionais, senón a un sistema xusto que garante un reparto equitativo dos recursos”, sinalou o presidente 

A deputada de Plans, Cristina García, subliñou que o POS+ “da total autonomía aos concellos”, un feito diferencial respecto dos “plans finalistas, eses que chegaban desde arriba con proxectos xá decididos. Nós apostamos por unha autonomía municipal real”.

Pola súa banda, o alcalde de Carballo, Daniel Pérez, incidiu tamén en como o actual sistema de financiamento limita a capacidade inversora dos municipios. “Asumimos moitas competencias impropias, como o servizo de axuda no fogar”, afirmou o rexedor, que apuntou que fronte á discrecionalidade no reparto de fondos doutros sistemas, “o Plan Único dalle a cada concello o que lle corresponde”.

Pérez destacou que Carballo destinará este ano boa parte do POS+ a gasto corrente e que os investimentos céntranse sobre todo en mellorar servizos básicos no rural. Neste sentido, repasou algunhas das obras de mellora de redes de saneamento, abastecemento ou camiños municipais levadas a cabo en lugares e parroquias do municipio como Goiáns, Artes, Ardende ou Rus financiadas co Plan Único da Deputación.

Investimentos do Plan Único na comarca de Bergantiños (POS + Complementario)

Cabana de Bergantiños
POS+ 2026: 838.427,28 €
Total 2017-2026: 8.503.112,81 €
Número de obras: 40

Camariñas
POS+ 2026: 623.379,44 €
Total 2017-2026: 6.437.529,04 €
Número de obras: 39

Carballo
POS+ 2026: 2.466.262,75 €
Total 2017-2026: 24.738.757,47 €
Número de obras: 55

Carnota
POS+ 2026: 648.467,28 €
Total 2017-2026: -
Número de obras: -

Cee
POS+ 2026: 782.490,93 €
Total 2017-2026: 7.177.957,60 €
Número de obras: 57

Corcubión
POS+ 2026: 256.737,55 €
Total 2017-2026: 2.411.277,67 €
Número de obras: 25

Coristanco
POS+ 2026: 1.136.650,09 €
Total 2017-2026: 11.312.555,21 €
Número de obras: 38

Dumbría
POS+ 2026: 861.376,75 €
Total 2017-2026: 8.808.809,64 €
Número de obras: 59

Fisterra
POS+ 2026: 496.556,14 €
Total 2017-2026: 4.967.103,05 €
Número de obras: 38

A Laracha
POS+ 2026: 1.301.895,66 €
Total 2017-2026: 13.243.727,05 €
Número de obras: 74

Laxe
POS+ 2026: 494.240,11 €
Total 2017-2026: 4.786.152,68 €
Número de obras: 29

Malpica de Bergantiños
POS+ 2026: 709.891,90 €
Total 2017-2026: 6.890.981,10 €
Número de obras: 49

Mazaricos
POS+ 2026: 1.196.641,58€
Total 2017-2026: -
Número de obras: -

Muros
POS+ 2026: 883.509,95€
Total 2017-2026: -
Número de obras: -

Muxía
POS+ 2026: 999.530,35 €
Total 2017-2026: 9.458.798,80 €
Número de obras: 53

Ponteceso
POS+ 2026: 925.351,10 €
Total 2017-2026: 8.964.008,23 €
Número de obras: 27

Santa Comba
POS+ 2026: 1.562.179€
Total 2017-2026: -
Número de obras: 30

Vimianzo
POS+ 2026: 1.398.842,08 €
Total 2017-2026: 13.798.835,91 €
Número de obras: 70

Zas
POS+ 2026: 1.063.645,97 €
Total 2017-2026: 9.751.244,51 €
Número de obras: 47

Comentarios