xoves. 23.10.2025
El tiempo

Rivendel volverá organizar un Mercado Medieval de Corcubión que xa ten datas

Rivendel volverá organizar un Mercado Medieval de Corcubión que xa ten datas
torneo-medieval-corcubion-2018 Imaxe do Torneo Medieval do pasado 2018-Foto-Rafa Quintáns

Despois do éxito do ano pasado, que mesmo obrigou á organización a sacar peito en alto non había outra opción. uido ser a do ano pasado unha das mellores edicións dos 18 anos de historia do Mercado Medieval de Corcubión, e por iso, a Asociación Organizadora do Mercado Medieval Costa da Morte quere seguir o mesmo camiño.

Así, os membros da organización, que continúan traballando desde o mesmo día que finalizou a pasada edición, reuníronse esta semana co representante da empresa Rivendel, xestora do Mercado. O encontro, que tivo lugar na sé da asociación organizadora, e tras valorar o bo traballo realizado pola mesma na pasada edición, serviu como base para establecer un acordo entre ambas partes para a organización do XIX Mercado.

”A contratación de Rivendel pretende consolidar, potenciar, realzar e dar continuidade á cita, coa pretensión de obter unha afluencia superior de público á pasada edición; mantendo viva a chama do mercado como unha cita ineludible e un escaparate incomparable; cun marco xeográfico histórico e cultural como Corcubión, único na Costa da Morte”, destacan os organizadores.

O próximo mercado terá lugar nas datas do 19, 20 e 21 de xullo do presente ano 2019.

Representantes do Mercado Medieval Costa da Morte co de Rivendel Representantes do Mercado Medieval Costa da Morte co de Rivendel

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/corcubion-volve-ao-medievo-con-mais-forza-ca-nunca/ https://quepasanacosta.gal/a-asociacion-organizadora-saca-peito-do-gran-mercado-medieval-costa-da-morte/

Comentarios