Santa Comba pon o broche de ouro á temporada na V Gala do Fútbol da Costa - QPC
Este venres 22 de xuño, o edificio Multisus de Santa Comba acolle a V Gala do Fútbol da Costa - QPC a partir das 21:00h. A cita á que está todos os membros da familia do fútbol costeiro, sobre todo os Nominados a levar un dos trofeos que o oleiro Eloi Mancebo de Feituras fai en exclusiva para estas ocasións.
Xa coñecemos varios dos protagonistas desta gala, como son As Seleccións Sub12 e Sub15, os árbitros e os delegados, o eterno sorriso de Torreira ou Fútbol Feminino, a gran novidade desta edición.
Pero ademais, saberemos, a través das votacións de case 100 persoas dos clubs da zona, quen son o Mellor Adestrador, o Mellor Xogador, o Mellor Equipo, a Mellor Directiva ou o Mellor 11 ideal.
Exposición sobre a orixe das cores das camisetas
O Multiusos de SAnta Comba loce xa cunha espectacular exposición de camisetas do Fútbol da CostaPor que o meu equipo ten esta cor? Moitos dos afeccionados, e de feito, moitos dos nosos directivos, xogadores ou adestradores, non saben porque o seu equipo viste desa cor tan característica. Dende QPC quixemos facer unha pesquisa histórica que culminará este venres servindo de benvida para todos os que pasedes por Santa Comba.
Así, na entrada do Multiusos e gracias á colaboración dos técnicos do Concello de Santa Comba Huelvis e José María, poderemos ver unha completa exposición de todas as camisetas dos clubs da Costa, con algún tesouro histórico.
Ademais, incluímos unhas fichas cos porqués desas cortes. Deportivo, Celta, Madrid, Ajax, Inter de Milán, AC Milán, Zaragoza, Cádiz, Pontevedra, UD Salamanca, San Lorenzo de Almagro, Peñarol, Selección Española, a bandeira galega… son algunhas das razóns que se agochan tras estas estas. Outras veces foi a emigración a Arxentina a culpable, ou simplemente o mar, e ata a publicidade.
Para os que non poidades estar na Gala, ao longo deste verán imos ir compartindo a historia das cores do teu equipo, club por club.
Gala 2018
https://quepasanacosta.gal/os-nominados-da-v-gala-do-futbol-da-costa-qpc/- Gala 2018: As Seleccións Sub12 e Sub15 da Costa levarán o premio á Abdoulaye ao Fútbol Base da Gala QPC.
- Gala 2018: Os Candidatos aos premios da V Gala do Fútbol da Costa – QPC 17/18.
- Gala 2018: Os Pichichis e Zamoras das Ligas da Costa 2017/2018.
- Gala 2018: Os nominados do colectivo arbitral aos Premios ao Árbitro e Delegado do Ano.
- Gala 2018: O eterno sorriso de Torreira, Premio Histórico da Gala do Fútbol da Costa – QPC 2018.
- Gala 2018: O Fútbol Feminino, a gran novidade da V Gala do Fútbol da Costa – QPC.
- Gala 2018: Carlos Lema e Guille, Premio á Acción Máis Deportiva na Gala do Fútbol da Costa – QPC.
- Gala 2018: Santa Comba acollerá a V Gala do Fútbol da Costa – QPC.
- Gala 2017: A emoción, protagonista da Gala do Fútbol da Costa – QPC.
- Gala 2016: Unha Gala para seguir unindo o Fútbol da Costa.
- Gala 2015: O Outes, Iago, e Álex Pombo foron os protagonistas da II Gala do Fútbol da Costa – QPC.
- Gala 2014: QPC entregou os premios do Fútbol da Costa 2013-2014.
- Redacción de QPC ([email protected])