mércores. 11.12.2024
El tiempo

O Encontro de Turismo ratifica a fortaleza do sector e o apoio das administracións

Pepe Formoso no Encontro de Turismo  da CMAT
O Encontro de Turismo ratifica a fortaleza do sector e o apoio das administracións

Músculo e unión demostrou a Costa da Morte no Encontro de Turismo da Costa da Morte celebrado onte no Pazo de Trasariz (Vimianzo) e organizado pola CMAT. Máis de 300 persoas (aproximadamente metade xentes do sector privado) deron conta do proceso de consonancia que leva vivindo o sector nos últimos anos.

E así se reflicte na resposta das administracións. Onte estiveron en Trasariz representantes de todos os Concellos do Xeodestino, da Deputación, da Xunta, do Clúster de Turismo, de Paradores e do Goberno central. Un bo sinal de que hai interese en todas as administracións de remar conxuntamente para seguir “facendo Destino”, tras comprobar que o sector vai collendo fortaleza a través da unidade.

concellos_iv_encontro-1
Representantes de administracións presentes no evento

Unión

Ateigado do Pazo de Trasariz para o encontro de turismo
Empresariado e administracións, xuntas no Pazo de Trasariz

Unha unidade que é clave para o desenvolvemento económico da nosa comarca, e aí a presenza de moitos sectores (hostalería, transporte, restauración, actividades…) e moitos socios da patronal (APTCM) é chave para atraer o interese e as gañas de apoiar iniciativas das administracións. Un exemplo, a reunión que puideron manter dende a CMAT coa presidenta de Paradores, e da que daremos conta mañá.

”Creo que xa nos concienciamos de que por separado non se fai nada. Ou imos todos xuntos ou quedamos en nada”, destacou o presidente da CMAT, Lolo Muíño. O alcalde de Zas quixo destacar a organización do Congreso Starligh como “un antes e un despois”. Si que se pode facer un congreso lonxe das grandes cidades, e se fixo dunha maneira extraordinaria. Un tabú máis que se rompe, e unha vía nova para explorar”, sinalou en relación ao turismo de congresos.

Lolo Muino no Encontro de Turismo da CMAT
O presidente da CMAT Lolo Muíño, no Encontro de Turismo da CMAT

Homenaxe “aos que poñen a cara á Costa da Morte”

O encontro, organizado un martes pola tarde, daba conta da intención da CMAT. “Isto é unha homenaxe aos que fan o turismo, aos que poñen a cara á Costa da Morte”, sinalou no seu discurso Muíño. “O turista, ao que ve é á persoa que está no hotel, ao camareiro… De aí a súa importancia para

Bieito, Embaixador da Costa da Morte

Bieito Romero Embaixador da Costa da Morte pola CMAT
Bieito Romero acompañado de representantes municipais e da CMAT recollendo o recoñecemento como  Embaixador da Costa da Morte

Se o ano pasado, a primeira figura que recibía o galardón de Embaixador da Costa da Morte foi Jorge Mira, este ano a CMAT escolleu unha figura internacional como Bieiro Romero. Un home que “xa leva sendo embaixador toda a vida, pero sen título”, como explica Pepe Formoso (APTCM).

Bieito fixo un relato sobre o percorrido da presenza da Costa da Morte en todos os discos de Luar na Lubre, a través de cancións, fotos, portadas, contraportadas… Pero sobre todo, contou historias de como cando en concertos por todo o planeta a xente se sorprende moito cando explica temas vinculados coa comarca.

O Encontro tivo un peche moi especial, co grupo de Luar na Lubre, ao completo, dando un pequeno concerto co que presentaron ademais á nova voz, Cris López.

Posta en valor da Artesanía

Begona Fez de Stoupa no Encontro de turismo
Begoña Fernández da Galería Stoupa no Encontro de turismo

A sesión contou tamén cunha exposición de artesanía, coordinada pola brava Galería Stoupa, que presentou un catálogo cunha ruta pola artesanía dos 17 concellos do Xeodestino.

Premios do certame de Fotografía

DANIEL_MATA_RONCUDO
Foto premiada do Faro Roncudo de Daniel Mata

Tamén se entregaron os Premios do Concurso de fotografía, que fomenta a publicación en redes de temáticas da comarca.

Á hora de anunciar as persoas gañadoras, María Lema, vicepresidenta da CMAT e membro do xurado, quixo destacar a variedade e calidade de fotografías participantes.
En canto ás fotografías gañadoras, Daniel Mata, residente en Madrid, logrou o Premio do Xurado tras recibir a máxima puntuación do mesmo coa súa fotografía do Faro Roncudo no solpor. O xurado destacou «o bo contraste, onde se observa unha persoa sentada de lado do faro que lle da un toque misterioso a fotografía». As outras dúas fotografías finalistas foron unha de Rafael Quintáns, que capturou un arco da vella sobre a fervenza do Ézaro; e unha de Mara Aguilar, cunha instantánea dun peregrino xunto ao Santuario da Virxe da Barca de Muxía nun día de intensa brétema.
O Premio do Público, pola súa banda, foi entregado a Uxía García Pereira, residente en A Coruña que, cunha fotografía vertical da impoñente Furna Furada (Carballo), logrou máis de 1.000 gústames na publicacion de Instagram coa que participou no concurso.

UXIA_PEREIRA_FURNA_FURADA
Foto da Furna Furada de Uxía Pereira

Máis novas

 

Comentarios