Senda Nova, 10 anos Abrindo o Camiño da ecoloxía e o patrimonio
18:10 22/08/16
Non paran os amigos de Senda Nova e neste 10º aniversario seguen armando actividades. A vindeira, pesnada para a fin de semana do 22, 23, 24 e 25 de setembro, e chámase Abrindo Camiño. Por que? porque levan comprobado que os carballos, acivros, loureiros e outras plantas autóctonas, que prantaron o Día da Árbore seguen a medrar e a abrir camiño entre os incendios que enchen de fume a parte do chan máis valioso.
Así, no Mercado Municipal carballés preparan uns Días de Ecoloxía e Patrimonio, con encontros de máis dunha ducia entidades ambientais, exposicións, obradoiros, charlas e actuacións.
A cita servirá para repasar os 10 anos desta entidade.
Novas relacionadas
- Unha expedición de mozos de Senda Nova, de viaxe ambiental a Eslovaquia.
- Máis de 200 persoas participan nas xornadas de Interpretación dos Bosques de Senda Nova.
- Redacción QPC ([email protected])
- Senda Nova