Senda Nova activa as semanas de natureza e paisaxe a base de obradoiros
08:15 02/06/16
Mañá activarase de novo as II semanas de Natureza e Paisaxe que vén desenvolvemendo nos últimos días a asociación ecoloxista Senda Nova. Así a partir das 19 horas terá lugar o obradoiro de Observación e convivencia para nenos e nenas maiores de 7 anos. Na actividade levaranse a cabo diversas dinámicas e actividades na natureza, como unha pequena ruta de sendeirismo, xogos, cea conxunta a beira do candil, e finalmente pernoctaremos todos xuntos ao aire libre. O obradoiro remata o sábado despois do almorzo.
Xa a vindeira semana, concretamente o 11 de xuño, terá lugar un obradoiro de cesteiría dirixido aos máis pequenos. María, cesteira, será a encargada de impartir o curso que será na parroquia larachesa de Montemaior. O principal obxectivo da actividade époñer en valor e darlle a coñecer aos nenos e nenas un oficio tan antigo como este, e que se atopa en regresión.
As II semanas de Natureza e Paisaxe rematan os días 17, 18 e 19 de xuño cunha xornadas de convivencia que se desenvolverán en Ernes - Negueira de Muñiz e na que os asistentes adquirirán os principios da autosuficiencia e da autoxestión. A actividade está dirixida a persoas de calquera idade. Para asistir será necesario apuntarse a abonar a cuota correspondente (30€ os nenos e nenas socios e membros da escola ambiental de Senda Nova; 40€ para os nenos e nenas non socios e socios maiores de idade e 50€ para todas aquelas maiores de 18 anos que non sexan socias da organización ecoloxista).
Os interesados poden informarse no número de teléfono 636326083 ou enviando un email a [email protected].
Novas relacionadas
- Senda Nova busca voluntarios para un proxecto internacional
- Corredoiras e compromiso para a 7ª edición da Primavera en Ruta de Senda Nova
- Máis de 200 persoas participan nas xornadas de Interpretación dos Bosques de Senda Nova.
- Senda Nova presenta a 7ª edición da “Primavera en Ruta”
- Arrancan con éxito as xornadas de Interpretación dos Bosques de Senda Nova
- Senda Nova inicia cunha proxección as xornadas de Interpretación dos Bosques
- Senda Nova reclama un plan integral de conservación para o humidal de Baldaio
- Senda Nova recupera as historias dos maiores de Zas
- Senda Nova celebra en Baldaio o día dos humidais
- Senda Nova desfruta dun inverno ancestral
- Senda Nova recupera a tradición co “Inverno Ancestral”
- Gracias, Apalpador
- Aprendendo natureza na escola Ambiental de Senda Nova
- Senda Nova bota a andar a súa escola ambiental
- Sesenta camiñantes estrean o IV Outono en Marcha de Senda Nova.
- Seis rutas de sendeirismo compoñen o programa de outono de Senda Nova
- Senda Nova presenta o seu programa de marchas para o outono
- Senda Nova remata o seu verán máis natural
- Redacción QPC ([email protected])
- Senda Nova