Senda Nova celebra os 10 anos do programa Primavera en Ruta con 8 andainas e unha exposición
Senda Nova celebra os 10 anos do programa Primavera en Ruta con 8 andainas e unha exposición
Segue Senda Nova promovendo o achegamento á nosa natureza. Faino con esta nova edición, a 10ª, do programa Primavera en Ruta. A presentación tivo lugar esta pasada fin de semana coa presencia de Evarísto Dominguez Rial, Jose Manuel Menéndez Varela, Adrián Eirís Torres e Eva Cameán Pensado, que reflexionaron sobre a aprendizaxe, sobre a cultura do patrimonio natural.
Este ano o programa consta de 8 saídas, reincidindo en zonas que ano tras ano van mudando, pero seguen sendo lugares marabillosos.
A estas uniranse varias entidades de fora como son Son Mavea de Asturies, Non máis lumes Cualedro de Ourense e Comunidade de Montes en Man Común de Tameiga, Pontevedra. As tres queren coñecer de preto a nosa natureza, e as actividades da entidade.