Senda Nova comeza un Verán ao Natural
08:44 01/08/14
A entidade carballesa Senda Nova xa presentou o seu novo vindeiro ciclo de actividades, "Verán ao natural". Nesta edición o Verán ao natural constará de tres actividades:
- Curso de cartografía (mércores 6, xoves 7, venres 8 e sábado 9 de agosto).
Nestas xornadas daranse unhas nocións básicas sobre cartografía e orientación no medio natural, tanto desde o punta de vista teórico como práctico. As xornadas de aula (teóricas e prácticas) serán mércores, xoves e venres. O sábado terá lugar unha saída ao medio para poñer en práctica o aprendido. - Ruta infantil nocturna: (noite do sábado 9 e mañá do domingo 10 de agosto)
Aproveitando que a noite do sábado haberá unha "súperlúa" chea, realizaremos esta ruta nocturna (con durmida ao aire libre) dirixida a un público infantil. - Berrea (26, 27 e 28 de setembro).
Un ano máis, Senda Nova volve ao concello de Llaviana (Asturies) para subir á montaña e poder contemplar, ao anoitecer e ao amencer, o fermoso espectáculo da Berrea, época en celo dos cervos. Dúas noites na montaña, illados do mundo e con durmida en vivac.
Novas relacionadas
- Senda Nova achegará a Bergantiños a mozos europeos co Proxecto XEM.
- Senda Nova segue creando canteira de compromiso.